Vicente Araguas publicou unha recensión crítica sobre Valentín Paz Andrade. Vida e obra, de Charo Portela., nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e La Región. O artigo pódese descargar, completo, en pdf.
Paz Andrade: ese galeguismo difícil
Outras consideracións á parte (…) penso que a meirande característica do noso home do Día das Letras deste ano é a súa galeguidade filantrópica. Isto é: o prepresentar un galeguismo que, dotado de dispoñibilidade económica, faga desta causa e razón coa que manter institucións de toda caste nas que Galicia teña unha maneira autonómica (e non falo das autonomías descafeinadas de hoxe) de mirarrse. Algo así como o PG de antes da guerra. Ou cal, hoxe, Convergenicia i Unió ou o PNV. (…)
Polo demais, a biografía de Paz Andrade, manexo varias estes días, hoxe teño diante miña unha espléndida de Charo Portela Yáñez, quen tivo a sorte de tratar moi de perto a Isaac Díaz Pardo, o noso Giangiacomo Feltrinelli (…), que desenguedella a figura humana e intelectual de Paz Andrade. Coa axuda dunha batería fotográfica (reprodución de libros, revistas, caricaturas icluída) moi chamativa. A través dela sabemos deste home dunha longa vida (de 1898 a 1987), desenrolada no medio dun país violento e, ás veces, autodestructivo.
(…)
XERAIS