A «Poesía completa» de Valentín Paz Andrade. Artigo de Gregorio Ferreiro Fente

18 Maio 2012

Artigos literarios,Clásicos,Críticas,Letras_galegas,Poesía

Gregorio Ferreiro Fente, editor da Poesía completa de Valentín Paz Andrade. publicou onte en Faro de Vigo e La Opinión un artigo sobre a poesía de Valentín Paz Andrade (pode lerse completo aquí) no que tamén falaba especificamente da edición da Poesía completa.

Poesía completa

En edición literaria ao meu coidado, Xerais acaba de publicar a Poesía completa de Valentín Paz–Andrade nun groso volume no que se inclúen, amais dos textos xa coñecidos, unha copiosa obra inédita conformada por sete poemarios completos, outros dous máis fragmentarios, así como por varios poemas soltos. Entre estes textos destacan, pola súa transcendencia dentro do noso sistema literario, os tres libros de poemas que escribiu durante a Guerra Civil (A serra: cantos do desterro branco; Sangue na neve: etopea da serra e Cantos da aguia e do lobo), xa que se trata do maior corpus individual coñecido ata a data de poesía en galego deste período tan ermo da literatura de noso.

Constitúen auténticas xoias igualmente os tres títulos posteriores cuxo núcleo temático é a emigración, unha saga poética que un Paz–Andrade moi influenciado polo Canto general (1950) de Pablo Neruda inicia

con Canto do pobo disperso (1955),continúa con Canto reuncial de Galiza (1980) e que culmina,en 1984,con Áurea ora de Galiza.

Os tres cantos poden ser considerados un intento delongado no tempo de compor un himno á historia social de Galicia no que non faltan elementos épicos.

Concorren estes achados á homenaxe tan merecida que este ano a Real Academia Galega e, con ela, toda Galicia, lle tributa no Día das Letras Galegas a este escritor nado en Lérez, pero que construíu todo un universo poético ollando o mar desde a súa casa de Pousa Nova do Mar en Samil,Vigo.

 

Ler o artigo completo.

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS dos comentarios deste artigo.

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.