Un poema infográfico de «transmuta», de Xabier Cordal. Por Xosé Manuel Eyré

14 Maio 2012

Blogs,Críticas,Poesía

O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre un poema infográfico de de Xabier Cordal en transmuta.

 

Descrición animada dun poema infográfico de Xabier Cordal

Vén na páxina 57, do Transmuta. Porque antes de nada ten que ir a localización; dicía un amigo de meu: seriedade pouca, mais que dure.

Concretamente, nun recadro, delimitado por liña fina. ( Diríase que coma o dunha necrolóxica, mais hai que animar)

Trátase do  organigrama da Cidade da Cultura de Compostela, aínda que na realidade enténdese mellor como plano do enxendro arquitectónico-culturaloide.

Hai dúas entradas, unha pola esquerda ( situada na parte superior) e outra pola dereita ( en tres cuartos do recadro, máis ou menos).

Animarse,  e entremos:

Se accedemos pola esquerda ( que un sempre debe saber de onde procede), o que atopamos, nada máis entrar, é o NICHO Nº 1 , continente da etnografía e os oficios do pasado; á fronte temos o NICHO Nº2, continente do cadáver de Castelao, mais un sinal de prohibido pasar impide o acceso; entre este nicho nº 2 e os número 7  e 3, continentes da Guerrilla Urbana (Ç) e o Centro Ramón Piñeiro ( xa no 7) acompañado de panteón e restaurante, entre eses dous nichos, sitúase o Posto da Garda Civil e un PUB indicado en diferentes tamaños e tipos de letra; xusto por debaixo destes dous nichos (7 e 3) está a entrada pola dereita; xusto por debaixo do NICHO Nº 1 está a Praza do Pacto ( antigo Campo da Malla) e ao seu carón a ZONA DE MANIFESTACIÓN, que é o primeiro que se atopa entrando pola dereita; debaixo da ZONA DE MANIFESTACIÓN está o NICHO Nº 4,  recibe o nome de Psicofonías e lugar para unah Residencia da Terceira Idade; ao seu carón, e para rematar, o NICHO Nº 5,  continente da Cultura Gallega, onde se anuncian conferencias en sesión continua:

08,30: La participación cultural

09,00: La cultura, cosa de todos

09,30: Por una sesión continua de conferencias en gallego

10,30: El gallego también vende

11,00: La participación cultural

11,30: La cultura, cosa de todos

12,00: Almuerzo

English version available

E non hai máis nada.

Conste que eu animeivos, eh…

É un poema actual, así que actuade, meus, queda moito futuro que conquistar

Chuzame! A Facebook A Twitter

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URL

Deixa un comentario