Quen é quen. Os personxes de «Os fillos do mar», de Pedro Feijoo, por Xosé Manuel Eyré

2 Maio 2012

Blogs,Críticas,Narrativa

O critico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre quen é quen na novela Os fillos do mar de Pedro Feijoo.

 

Quen é quen en «Os fillos do mar»

Non pretendo ofrecer un dramatis personae, non é unha listaxe exhausitiva, mais, a falta de personaxes secundarias, velaquí teñen a fariña coa que Pedro amasou unha novela que está dando moito que falar/ler

* Simón: arquitecto vigués, que sobrevive como pode, encárganlle un traballo no que ten que actuar sobre unha fonte nun pazo de Canido.

*Mariña: filla de Isabel LLovet, quen encargou o traballo a Simón: Mariña é unha muller  belida e esperta, non se leva o ceu irmán. Ela e Simón son os dous protagonistas centrais.

* Isabel LLovet: muller de forte personalidade e moi planificadora. Morre, axiña, en circunstancias pouco claras, e no seu testamento tamén cita a Simón. Esposa de Eneas Dafonte.

* Eneas Dafonte: empresario vigués que se levou moi ben co franquismo, casado con Isabel LLovet e pai agarimoso que non se corresponde coas sospeitas criminosas que a a historia deixa del. Xa morrera cando comeza a novela.

* Xulio Ascanio: fillo de Isabel e Eneas, irmán de Mariña, mafioso vigués.

* Ernest Rovira : avogado e secretario persoal de Isabel LLovet.

* Fausto Wessler: comandante da expedición alemá na procura do tesouro que dorme nas augas de Rande para axudar o Reich hitleriano.

* Otto Wessler: fillo de Fausto, tamén quererá o tesouro.

* Daniel Beiroa: mariñeiro, mozo espelido que guiará a expedición alemá deica o tesouro.

* Bruno Rodés: policía amigo de Simón ( sempre lle chama «malparit»).

* Hugo Brauner: alemán axudante de Fausto Wessler

* Jakob Neumann: anticuario vigués, será unha das fontes reveladoras imprescindíbeis no desenvolvemento da trama.

* Carlito: traballador arxentino que contratas con frecuencia Simón, só aparece no comezo da novela.

* Blanco: habilidoso piloto de planadoras

* Yago Ray: percebeiro da illa de Ons, de orixe non galega, com o nome indica.

* Troia: empresa de Eneas, actualización do clásico cabalo de Troia ( por certo, non é casualidade que pertenza a Eneas, heroe mitilóxico)

* Buraco do Inferno: unha das portas do inferno, gruta onde permanece agochado o tesouro de Rande.

* Santo Cristo de Maracaibo: un do sbarcos que transportaba o tesouro

* Vigo: esta é novela viguesa por excelencia

* A necesidade de xustiza social

* A sensibilidade contra os inxustos

Chuzame! A Facebook A Twitter

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URL

Deixa un comentario