Novidades: «O silencio», de Mario Regueira. Un punto de inflexión

26 Abril 2012

Novidades,Poesía

O silencio, de Mario Regueira, é unha das novidades da colección Poesía.

O silencio constrúese sobre a pausa que se crea entre dous bombardeos, no lugar no que a realidade se converte en distorsión e se borran os límites entre as palabras e o que designan realmente. É ademais unha xeografía tridimensional das guerras, cartografa a planicie na que se enfrontan os estados cos seus exércitos e descende aos abismos nos que os pobos, as minorías e as clases populares libran a súa particular batalla contra estes, espazos onde as fronteiras non existen ou se configuran dun xeito completamente diferente. O autor concibe este libro como unha estrema da súa propia produción poética, un punto de inflexión que deixa o camiño da súa escrita tocado e todas as posibilidades abertas.

3 Comentarios

  1. […] Mario Regueira, gañador da XVIII edición do Premio, vén de publicar un novo libro de poemas: O silencio, en Edicións […]

    Pingback by Mario Regueira publica «O silencio» : Premio Pérez Parallé — 26 Abril 2012 @ 9:49 a.m.

  2. […] petiscara en O silencio aí atrás, e funo deixando para retomalo agora con máis […]

    Pingback by a escrita brutal de Mario Regueira ou a razón da poesía | ferradura en tránsito — 5 Xullo 2012 @ 12:45 p.m.

  3. […] de escribira  crítica de O silencio, de Mario […]

    Pingback by estamos en guerra | ferradura en tránsito — 8 Xullo 2012 @ 4:51 p.m.

Feed RSS para comentarios deste artigo.

O formulario do comentario está pechado neste momento.