«Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz, recibe dous premios o mesmo día: o Losada Diéguez á mellor obra de ficción de 2011 e o Irmandade do Libro ao mellor libro de 2011

23 Abril 2012

Noticias,Premios

A novela Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz, recibiu o sábado dous premios: o Premio Losada Diéguez á mellor obra de ficción de 2011 e o Premio Irmandade do Libro ao mellor libro de 2011.

O Premio Losada Diéguez foi fallado no Concello de Boborás, a súa contía é de 6.000 euros, e será entregado o vindeiro 9 de xuño en Moldes. O xurado sinalou da obra que é unha novela impecable, que indaga na conciencia nacional e nos reconcilia coa nosa memoria, además de enfatizar a madurez do autor e a capacidade da novela para chegar a todo tipo de públicos.

O Premio Irmandade do Libro fallouse o sábado en Lalín e tamén recoñeceu a novela de Agustín Fernández Paz como mellor libro do ano 2011. Ademais destes dous premios, Non hai noite tan longa foi recoñecida tamén cos recoñecementos da Asociación Galega de Editores, de Fervenzas Literarias e de Redelibros, co que a novela de Agustín Fernández Paz se converte sen lugar a dúbidas na mellor valorada das publicadas no pasado ano.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URL

Deixa un comentario