María Xosé Queizán: «Meu pai vaite matar xurdiu dunha viaxe a Tierra de Fuego». A novela preséntase hoxe en Compostela

7 Marzo 2012

Entrevistas,Narrativa,Presentacións

A edición compostelana de La Voz de Galicia publica unha declaracións de María Xosé Queizán sobre a súa última novela, Meu pai vaite matar, que presenta esta tarde ás 20,00 horas, na libraría Couceiro (Praza de Cervantes 6) en Santiago de Compostela.

 

María Xosé Queizán

«Eu quero sacar seres relucentes que non teñen que ver comigo»

A escritora María Xosé Queizán volve hoxe (ás 20 horas) á Librería Couceiro, para presentar Meu pai vaite matar, unha novela editada por Xerais na que esculca os segredos máis ocultos dunha familia. A filla dunha parella de progres, ingresada na Policía Xudicial, atopa un día unhas pistas que a levan ata a Patagonia na procura do seu tío, protagonizando así unha novela de intriga, aventura e viaxes.

A escritora aclara que «esta novela xorde dunha viaxe –da que poñerei imaxes na presentación– que fixen hai máis dun ano a Terra de Fuego». Alí coñeceu un penal militar onde levaban aos criminais máis terribles, convertido agora en museo, que a deixou fascinada. María Xosé explica que a novela transita entre Galicia e a Arxentina, «refl ectindo a través dos personaxes e acontecementos cousas, frases e pensamentos moi serios».

A autora di que non ten nada de biográfica. «Eu –engade– quero divertirme ao mesmo tempo que escribo e sacar seres relucentes que non teñen nada que ver comigo».

1 comentario

  1. [...] mesmo tempo que escribo e sacar seres relucentes que non teñen nada que ver comigo».” Vía Xerais. window.___gcfg = {lang: 'pt-BR'}; (function() { var po = document.createElement('script'); [...]

    Pingback by María Xosé Queizán: “Meu pai vaite matar xurdiu dunha viaxe a Tierra de Fuego” | ::Axenda cultural AELG:: — 9 Marzo 2012 @ 10:06 a.m.

Feed RSS dos comentarios deste artigo.

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.