A presentación, na que participarán Montse Dopico, Manuel Bragado e a autora, terá lugar o mércores, 7 de marzo, ás 20,00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago.
Meu pai vaite matar é unha novela que esculca dende unha ollada antipatriarcal e racionalista os segredos máis ocultos dunha familia. Unha novela de intriga, aventura e viaxes na que se abordan as principais preocupacións dunha autora fundamental do pensamento feminista galego.
XERAIS