El País publica unha información sobre os dous novos títulos de poesía que acaba de sacar á luz Xerais: Pan de ánimas, de Xoán Abeleira e transmuta, de Xabier Cordal.
Xerais reactiva con Abeleira e Cordal a serie de poesía
Logo de case dous anos sen publicar poesía –os últimos títulos foron Lapidarias. Os versos escuros de David Rodríguez e (retrovisor) de Antía Otero, ambos os dous en 2010– Edicións Xerais reactiva a súa colección de poesía. E faino con libros de Xoán Abeleira (Maracay, Venezue la, 1963), Pan de ánimas, e Xabier Cordal (A Coruña, 1965), transmuta.
Abeleira explora en Pan de ánimas, segundo a nota editorial, o poema como ofrenda “a todos os mortos: os mortos que
seguen vivos e aos vivos que existen mortos”. Con aires salmódicos e un pé na xínea surrealista, o autor d’As nosas sombras no xardín de Serralves (2011) define a obra como “maquía desa materia escura que chamamos poesía”.
Noutra lonxitude de onde móvese a obra de Cordal. Dez anos despois d’A vella peneira a noite, o poeta entra na violencia histórica a partir da morte da nai. “Na viaxe que deste libro van confluíndo as palabras do pánico e do illamento, do silencio amoroso, as diversas caras da alienación, as do combate, e toman por fin terra”, di a contracapa.
XERAIS
