Problemas e sentimentos de Morgana en «Quen lle ten medo a Morgana?». Crítica de Paula Fernández

16 Febreiro 2012

Críticas,Infantil,O Club da ciencia

Paula Fernández publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica de Quen lle ten medo a Morgana? de Pasqual Alapont.

 

Problemas e sentimentos

Unha doada identificación

Quen lle ten medo a Morgana? é o segundo titulo da serie “Morgana” que Edicións Xerais tirou do prelo dentro da colección “O club da ciencia”, que xa fora inaugurada coa serie o “Profesor Viramontañas.” A colección serve para difundir de maneira divulgativa contidos científicos, e, se ben o “Profesor Viramontañas” era máis apropiada para o segundo ciclo de primaria, “Morgana” resulta idónea para o alumnado do terceiro ciclo.

Nesta entrega Morgana preséntanos as súas amigas, Lola, Paula, Uxía, Silvia e Pili, un primeiro amor chamado Vítor e un poeta que cativou despois o seu corazón chamado Berenguel. Elixe Pasqual Alapont o mesmo estilo que para o primeiro título da serie, O caderno laranxa de Morgana, a autora preadolescente dun diario entendida como a narradora protagonista, con todo o que isto implica respecto á linguaxe e ao tratamento que se lle dá a temas diversos. Fala Morgana de todo o que lle acontece e que ela considera importante para recoller no diario, a familia, a escola, o visto nas aulas, as súas inquedanzas e os seus sentimentos.

Problemas e sentimentos comúns, fan doada a identificación entre os personaxes e quen le, e os comentarios de Morgana permiten o paralelismo coas aulas. Todos os devanditos trazos resultan nunha historia do agrado do público, didáctica e divertida.

Paula Fernández

Chuzame! A Facebook A Twitter

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URL

Deixa un comentario