María Navarro publicou no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica de O caderno laranxa de Morgan de Pasqual Alapont.
Buscando respostas
Acadar un xuízo crítico
A escolla do formato de diario permítelle a Morgana ir contando o que lle vai sucedendo ao longo do primeiro trimestre do sexto
curso de Primaria.As clases, os amigos, os adestramentos, os gustos e afeccións, a relación coa familia ou as reflexións propias da idade desfilan polas páxinas do volume que, co título O caderno laranxa de Morgana, publica Edicións Xerais de Galicia na colección “O Club da Ciencia.”
As explicacións que a mestra vai dando nas diferentes materias, as intervencións dos compañeiros, o comportamento dos seus pais ou os sentimentos contraditorios que lle roldan pola cabeza son motivo de análise para unha rapaza que en plena preadolescencia busca resposta a miles de cuestións que xorden na súa vida cotiá e que facilitarán ou atrancarán o desenvolvemento integral da súa personalidade.
Amosa Pasqual Alapont que os maiores abordan centros de intereses paralelos aos dos rapaces, parchean situacións comprometidas con excusas pouco convincentes e, a miúdo, obvian detalles verdadeiramente trascendentes. Sendo así tamén fixa a atención na forma de actuar dos mozos ou nos comentarios pouco afortunados dalgún personaxe que ponde manifestro a falta de madurez e o extenso camiño que han de percorrer para acadar un xuízo crítico sólido, a pesar de que eles consideren que o saben todo e que son os maiores os que están errados.
Este título súmase a outros que se teñen publicado na mesma colección e que ten como obxectivo a divulgación científica dende un punto de vista divertido para os nenos.
XERAIS