«A pomba dona Paz», de Ramón Caride e ilustrado por Pepe Carreiro, unha novidade da colección Merliño, que se presenta o Día Escolar pola Paz

25 Xaneiro 2012

Merlín,Novidades,Presentacións

A pomba dona Paz, de Ramón Caride e ilustrado por Pepe Carreiro, é unha das novidades do mes de xaneiro da colección Merliño. O libro será presentado o próximo 30 de xaneiro, Día Escolar pola Paz,  ás 12 horas na Escola Infantil A Pastora de Cambados. A información sobre o acto pode lerse no Diario de Arousa.

Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En conto o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños. O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi, unha data que contribuíu nos centros educativos de xeito moi especial á difusión da Educación para a Paz. A pomba dona Paz é un relato concibido para que os lectores e lectoras máis novos participen tamén dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática. Un libro que é un vieiro da esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.

Chuzame! A Facebook A Twitter

1 comentario »

  1. [...] do CEI A Pastora de Cambados convidoume a que acompañase a Ramón Caride e Pepe Carreiro na presentación d’ A pomba dona Paz que se celebraría diante de máis dun centenar de cidadáns entre os [...]

    Pingback by Brétemas » Onte 145: Coa pomba dona Paz na Pastora — 31 Xaneiro 2012 @ 7:55 a.m.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URL

Deixa un comentario

Olark Livehelp