A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos internautas e lectores do portal a través de 471 fichas de votación. Esta é unha fermosa iniciativa que dá pé á participación e á opinión dos lectores e lectoras, a quen agradecemos os excelentes resultados obtidos polos libros publicados pola editorial.
As categorías en que foron recoñecidos libros ou autores/as de Xerais son as seguintes:
Mellor libro narrativa para adultos: Non hai noite tan longa (Xerais) de Agustín Fernández Paz
Mellor libro de poesía: Poesía completa (Xerais) de Lois Pereiro
Mellor libro de literatura dramática: V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico (Xerais) de VVAA
Mellor libro xuvenil: Febre (Xerais) de Héctor Carré
Mellor libro infantil: O meu gato é un poeta (Xerais) de Fran Alonso
Autor/a do ano: Agustín Fernández Paz
Ilustrador do ano: Xosé Tomás
Mellor portada de LIX: Trece noites, trece lúas. (Xerais). Ilustrado por Noemí López
Mellor blog do ano: Brétemas
XERAIS
[...] de rigor e independencia para todo o noso sector. Onte coñecimos os correspondentes ao ano 2011. Polo que nos atinxe non podemos estar máis agradecidos, tanto polos recoñecementos recibidos polos libros editados por Xerais e, outra edición máis, [...]
Pingback by Brétemas » Onte 132: Fervenzas Literarias — 18 Xaneiro 2012 @ 5:39 a.m.