Os libros de Suso de Toro para o público xuvenil

13 Xaneiro 2012

Autores

O xornal El Correo Gallego elexiu onte ao escritor Suso de Toro para a súa sección Protagonistas Elixidos.

Suso de Toro (Santiago, 1956). É hoxe o noso protagonista este escritor compostelán que naceu un día como hoxe. Aínda que a súa obra literaria e ensaística se centra fundamentalmente na literatura institucionalizada ou de adultos, para o público xuvenil Suso de Toro tamén escribiu algunhas obras narrativas que foron ben acollidas polo lectorado esperado. Inaugurouse con A sombra cazadora (1994), publicada na colección “Fora de Xogo” de Edicións Xerais de Galicia, obra na que se propón reflexións sobre a imaxe e o seu poder. Dous anos despois viu a luz Conta saldada, publicada en Alfaguara editorial, obra que ten como tema central a morte. No ano 2002 deu a lume Servicio de urxencias (Edicións Xerais de Galicia), onde se narran quince guións dunha minicomedia presentada en 1990 na TVG. No ano 2003, na mesma editora  Suso de Toro publicou Morgún (Lobo Máxico), introducindo o lectorado nun universo ficcional cheo de reminiscencias da tradición, de aventuras, de loitas e de maxia.

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS dos comentarios deste artigo.

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.