A dirección e o cadro de persoal de Xerais expresa o seu fondo pesar polo falecemento de Isaac Díaz Pardo. Artista plástico, intelectual, escritor, empresario e dinamizador galeguista, Isaac Díaz Pardo era Presidente de Honra da Asociación Galega de Editores e a súa figura é imprescindible para entender a evolución da cultura galega no século XX.
Fillo do pintor Camilo Díaz Baliño, asasinado durante a Guerra Civil española, Isaac Díaz Pardo dedicouse á creación artística, que abandounou para fundar en 1963 na Arxentina, xunto con Luís Seoane, o Laboratorio de Formas que deu lugar á constitución, nese mesmo ano, da fábrica de Cerámicas do Castro en Sada, precursora de actividades industriais e culturais como a restauración anovada da factoría de cerámica de Sargadelos. Así mesmo, foi creador do Museo Carlos Maside (1970), da editorial Ediciós do Castro (1963), da recuperación do Seminario de Estudos Galegos (1970), e do Instituto Galego de Información, onde residiu ata pouco antes do seu falecemento.
Entre os recoñecementos e distincións que recibiu destacan o Pedrón de Ouro (1976), a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da cidade de Santiago de Compostela (1988), a Medalla de Ouro de Galicia e a Medalla ao Traballo (2007).
XERAIS
[...] anos. (…)” Vía Cultura Galega. Recollido en Asociación Galega de Editores, Galaxia, Xerais, Galicia Hoxe, La Voz de Galicia, Camilo Franco, Faro de Vigo, Galiciaé, El País, Galicia [...]
Pingback by Falece Isaac Díaz Pardo | ::Axenda cultural AELG:: — 5 Xaneiro 2012 @ 11:29 p.m.
[...] Galicia moderna, o soño de varias xeracións de galeguistas de onte e de hoxe. A acollida que nos proporcionou, durante as dúas edicións nas que celebramos os Premios Xerais no IGI de Santiago e na factoría [...]
Pingback by Brétemas » Onte 120: Isaac — 6 Xaneiro 2012 @ 10:04 a.m.