Escribir con material nobre: «Extramunde», de Xavier Queipo. Crítica de Vicente Araguas

12 Decembro 2011

Críticas,Narrativa,Premios_Xerais

Vicente Araguas publicou unha recensión crítica de Extramunde, de Xavier Queipo, nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.

 

O último libro de Xavier Queipo, Premio Xerais, é un percorrido global (fálase xa pouco de novelas totais, mudan os tempos, si, se cadra tamén as vontades) de San Andrés de Teixido a unha tribo de cortadores de cabezas. Todo isto cando a Inquisición andaba a atribular os espíritos, e de paso aos corpos.

Pragmática posmoderna

A paixón viaxeira da narrativa de Xavier Queipo

Xavier Queipo, actualmente en Bruxelas, como o seu colega de pluma Xavier Alcalá, cadra con este non soamente no exercicio de carreiras científicas mais tamén na práctica de literaturas enraizadas na vella vocación de contadores de historias, como aquel edimburgués glorioso, Robert Lonis Stevenson, do que os dous Xavieres ben poderían (se é que aínda non o fixeron) reclamarse.

De Stevenson e Verne, de Swift e Defoe e de cantos meteron no fardel literario a paixón viaxeira e as gañas de narrala. Que non outra cousa conleva o anceio da viaxe, o poder facela para despois contala. Ou ao revés. O que non deixa de ser unha posibilidade. Así e todo, e entro xa en materia, o último libro de Xavier Qtleipo, premio Xerais, é un percorrido global (fálase xa pouco de novelas totais, mudan os tempos, si, se cadra tamén as vontades) de San Andrés de Teixido a unha tribo de cortadores de cabezas. Todo isto cando a Inquisición andaba a atribular os espíritos, e de paso aos corpos.

Elementos > De maneira que con semellantes adobios; cregos sementais, meigas “comme ii faut”, navegantes, exploradores, herboristas, indíxenas de pelaxes variadas, Xavier Queipo argalla unha desas narracións que tiñan moito éxito cando se falaba de posmodernidade.

Aquel tempo en que o semiótico Umberto Eco viña de atopar, con “II nome della rosa”, a pedra filosofal da novela vendidísima sea rexeitar a dignidade conceptual. (Logo, despois, tentaría facer o propio con “II pendolo di Foucault”, e se ben as ventas funcionaran, de entrada máis dun millón de exemplares, o persoal apuntou cara a outros obxectivos, farto de gato cando na tenda da outra beirarrúa ofrecían lebre). E o herbívoro que daban no negocio da outra banda reivindicaba a novela de viaxe co seu punto de cocción aventureira, trufado de fantasía (nada que ver co realismo máxico, outra cousa) e un chisco de poción histórica.

Por aí, agora que isto xa non se leva, e prima unha seudonovela histórica resesa e aínda indixesta, volve Xavier Queipo, a remexer nesta pota, pero non con culler de pau, senón con outra de material nobre.

O do seu estilo, de grande riqueza léxica e elegancia estilística. Para apuntalar un concepto amplísimo, se cadra un chisco de  máis para unha novela longa onde non acontecen demasiadas cousas. Senón secuencias, por non dicir estampas, dunha historia que lembra un pouco a aqueles álbumes de Nesté de “Las maravillas del mundo”. Claro que sen chocolatinas envoltas no papel de prata e o cromo incorporado. Aquelas marabillas que nos levaban aos Deroe, Swift, Stevenson, Verne das novelas que denotaban paixón de contar.

A de Xavier Queipo ou Xavier Alcalá. Os dous en Bruxelas. Os dous científicos. Os dous a contar na literatura galega de hoxe.

Vicente Araguas

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Contos por palabras», de Agustín Fernández Paz. Recensión no suplemento Babelia de El País

Críticas,Infantil,Merlín

O suplemento Babelia, de El País, acollía o pasado sábado unha pequena recensión de Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz, asinado por Víctoria Fernández.

 

Contos por palabras

Obra ganadora del Premio Lazarillo 1990, se trata de un original conjunto de ocho cuentos breves, de temática variada, pero con un nexo común: todos ellos están basados en los “anuncios por palabras” que aparecen en la prensa. Partiendo de frases tan escuetas como “¿desea usted encontrar su pareja?”, “urge manicura” o “necesítase limpiacristales profesionales”, y demostrando su gran capacidad de fabulación y su gusto por subvertir la “normalidad” cotidiana, Fernández Paz ha urdido una estupenda serie de cuentos –fantásticos, divertidos o misteriosos, que de todo hay en el conjunto– que primero provocan la curiosidad, luego sorprenden y, finalmente, complacen al lector.

V. F.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Poñente», de Pere Tobaruela, en Radiofusión: da Pobra do Caramiñal a Mugardos

Narrativa,Noticias,Radio

A web de Radiofusión publica unha información sobre  Poñente, de Pere Tobaruela.

 

 

Da Pobra do Caramiñal a Mugardos

“Os cataláns mercaron terreos grandes, as mellores propiedades. Aos mariñeiros e aos seus empregados pagábanlles unha miseria, así podían facer negocio. Pouco a pouco foron perfeccionando os métodos de salga. Tamén adquiriron equipos, prensas. Daquela o negocio colleu folgos.

É un fragmento da novela “Poñente” de Pere Tobaruela, na que se aborda a peripecia dos cataláns que se achegaron a Galicia no século XIX. Montaron a industria da salga, fábricas de curtidos e comerciaban con viños,  en localidades como Ares, Mugardos, Maniños e a Pobra do Caramiñal. Aos pescadores pagábanlle poucos cartos, pero era un salario seguro, afirma Tobaruela.

Segundo o libro “Historia de Mugardos”, os fomentadores cataláns comezaron a chegar a Mugardos a finais do século XVIII. Adícanse á explotación e comercialización da sardiña. Introducen novas artes de pesca e construen varias fábricas de salgadura, para comercializar o produto e exportalo ao resto da península. Dende O Seixo ata A Redonda, chegaron a funcionar 9 fábricas de salgadura.

Desas fábricas fala a novela “Poñente”, porque o poñente e a súa luz guían os dous protagonistas: Carme e Josep. Carme é unha muller de hoxe en día mergullada nun fondo proceso de cambio emocional. Para ela a luz do poñente ten un perfil concreto: unha galega chamada Sarela que, entre outras cousas, a obriga a cuestionarse a súa identidade sexual.
Atendendo a coordenadas temporais diferentes, o poñente tamén constitúe o horizonte persoal de Josep Sadurní, un dos pioneiros cataláns do século XIX que emigraron cara a terras galegas e que asentaron aquí para sacar adiante con éxito a industria da salgadura, marcando para sempre o devir da poboación da beiramar deste país. Carme é unha profesora que, motivada por Sarela, comeza unha investigación sobre os industriais cataláns que se dedicaron á salga. Esta pescuda ábrenos unha fiestra ao coñecemento das relacións entre Cataluña e Galicia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Os días dunha axitada Movida. Reportaxe de Teresa Cuíñas a partir dos libros «Vigo. A explosión dos ’80» e «Vigo a 80 revolucións por minuto»

Crónica,Fotografía,Reportaxes,Xornalismo

A xornalista Teresa Cuíñas publica en El País unha reportaxe titulada «Todas las movidas de Vigo» centrada nos dous libros que publicou Xerais recentemente: Vigo a 80 revolucións por minuto de Emilio Alonso e Vigo. A explosión dos ´80, de Víctor de las Heras.

 

Todas las movidas de Vigo

El fotógrafo Víctor de las Heras recopila 300 instantáneas de la ciudad en la década de los ochenta

Una de las fotos más famosas de la historia reciente de la ciudad tuvo una gestación muy sencilla. Los fotógrafos estaban reunidos en el aeropuerto de Peinador esperando la llegada de la estrella italiana del porno Cicciolina, invitada por el dueño de un local de alterne para celebrar el quinto aniversario de su, por aquel entonces, boyante negocio. Entre ellos, Víctor de las Heras, corresponsal de Tiempo y colaborador de revistas locales como El Pope e Informe Gallego. El joven fotógrafo le sugirió al empresario que la actriz hiciese el recorrido hasta el centro de Vigo en un descapotable, para facilitar el trabajo de los reporteros. Y pasó lo que era previsible. Ahí están las instantáneas de Ilona Staller paseándose orgullosa con sus pechos al aire para regocijo general, perseguida por una nube de caras sonrientes y una caravana de coches.

Muchos vigueses todavía hoy se echan a reír cuando rememoran aquella bizarra procesión de 1987, ahora incluida en el libro Vigo, a explosión dos 80 (Xerais), que reúne más de 300 fotografías de De las Heras (Vigo, 1953). “Aquello sería impensable hoy en día”, reconoce. “En ciertos aspectos vamos para atrás y la censura que hay en este momento creo que es peor que la otra, la que íbamos trapicheando”. Después de estudiar Publicidad y Periodismo en Madrid, De Las Heras regresó a Vigo en los primeros años del posfranquismo. Comenzaban los ochenta y se vio con una cámara a su lado de la mañana a la noche, retratándolo todo. “La calle fue mi facultad”, reconoce. “Cumplía con los encargos de los medios y hacía fotos de lo que a mí me llamaba la atención, como las primeras comunidades terapéuticas y la cárcel de Vigo”.

Eran los años de la Movida y al fotógrafo le pilló en medio. El voluminoso capítulo, que ocupa casi la mitad del libro, dedicado a aquella efervescencia musical, cultural y estética dan testimonio de que De las Heras no se perdía una. “Las salidas nocturnas solo eran de fin de semana, en contra de lo que la gente se piensa. De lunes a viernes por la calle no había una rata después de las diez de la noche y apenas un puñado de cafeterías”. Tal intensidad de sábado noche provocó un frenesí en la ciudad que el periodista Fernando Franco describe en uno de los textos del libro: “Por el día, en la ciudad estaba la sede de la operación que ponía Galicia de moda revitalizando el sector textil e inyectándole la nueva fibra del valor añadido. Por la noche, Vigo era una ciudad rayada, atropellada, cachonda y canalla, con una producción intensa de bandas, la mayoría de vida efímera. Una explosión de pelambreras y vestimentas con la música como expresión catártica”.

“La Movida fue sexo, drogas y poco rock and roll”, dice De las Heras, a quien los efluvios pop de aquel sonido siempre le supieron a poco. Sin nostalgias ni mitomanías, le atribuye algunos méritos: “Lo más positivo fue la revolución individual que propició: quien quiso fue algo, músico o artista. Eso se proyectó hacia fuera y a partir de entonces, de ser considerados unos provincianos pasamos a convertirnos en referente cultural”. No solo en garitos como Kremlin o El Manco se refugiaban aquellos modernos. La Movida también estaba en las corbatas y camisas del alcalde Manoel Soto, vestido de Gene Cabaleiro, y se subió al escenario del Parque de Castrelos, donde tocaron Bromea o Qué?, Os Resentidos y Golpes Bajos. Incluso llegó a pisar la hierba de Balaídos. Siniestro Total actuó en el Estadio Municipal en el cierre de la temporada 84-85, para celebrar el ascenso del Celta a la Primera División, y toda la grada acabó coreando los himnos de la banda.

“Por una parte, veníamos de una época muy negra, de la dictadura, y la victoria socialista del 82 creó cierto clima de euforia que propició una explosión de color. La otra cara de la moneda, la reconversión naval y el paro, hicieron que la gente tomase la calle”, reflexiona el periodista Emilio Alonso, autor de la primera crónica acerca de la Movida, Vigo a 80 revolucións por minuto (Xerais), que fue presentado el pasado domingo junto a De las Heras en la feria Culturgal de Pontevedra.

En 1984 y con todos los astilleros en situación de inactividad, la comarca registró niveles de paro por encima del 33%. Lo cuentan las manifestaciones que retrató De las Heras, y que enseñan unas calles en las que no cabía un alfiler más. Las cargas policiales, los líderes sindicales, las pancartas reivindicativas sobre el ya desaparecido Scalextric, una estructura por la que la autopista llegaba hasta la Gran Vía… De entre todas, el fotógrafo escoge la mirada desafiante de Sandokán, un conocido obrero del metal: “Está plantado frente a un policía, desarmado y sin protección, y, sin embargo, su mirada es la de un vencedor”.

Teresa Cuíñas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Dicionario Xurídico Galego: unha obra imprescindible. Artigo de Xosé González sobre a galeguización da Xustiza

Artigos literarios,Dicionarios,Noticias

Xosé González publica en Galicia Confidencial un artigo centrado na publicación do o Dicionario Xurídico Galego, coordinado por Luciano Varela Castro e Xosé Xoán Barreiro Prado e o movemento galeguizador no ámbito da Xustiza.

 

Galeguismo xurídico en Chantada

A Irmandade Xurídica Galega segue a celebrar actos en cidades e vilas de Galicia para dinamizar o fomento da lingua galega aos usos xurídicos. O que semellaba unha tarefa imposible –nada o é se media a constancia e unha boa estratexia-, hoxe son moitos os profesionais do Dereito receptivos á proposta regaleguizadora.

Este movemento principiou hai trinta e catro anos nun encontro celebrado no concello de Rois. Naquela xuntanza convocada pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística deseñáranse as liñas de actuación que haberían  conducir o proxecto da galeguización xurídica. Pouquiños anos antes a Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Territorial da Coruña, presidida polo maxistrado Claudio Movilla, ditara a primeira sentenza en lingua galega, despois de catro séculos de silencio, a instancias da Asociación de Funcionarios. O exemplo axiña tivo seguidores, e hoxe  podemos falar dunha cifra relativamente numerosa de funcionarios xudiciais e profesionais do Dereito que se sumaron a este proceso normalizador.

Segundo os datos estatísticos, na área xeográfica do partido xudicial de  Chantada sabe falar a lingua galega o 90, 52% da poboación; enténdeo o 97,89%, e fálao habitualmente o 81%. Estas cifras porcentuais revelan unha realidade sociolingüística maioritariamente galego-falante. Por iso consideramos que as prestacións dos servizos xurídicos nun ámbito territorial con tal censo lingüístico deben ser realizadas en lingua galega.
As sinerxias históricas, e o descoñecemento dunha longa tradición xurídica galega que debería ser obxecto de estudo nas facultades de dereito,  son os alicerces de moitos prexuízos lingüísticos.Coa única excepción do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, os demais e as súas escolas prácticas xurídicas nada fan por mudar os hábitos lingüísticos dos seus colexiados.

Malia estas eivas que tolleron a conciencia de xeracións de profesionais do dereito, hoxe albíscase un futuro que comeza a ser prometedor. Dun tempo a esta parte están a agromar novas fornadas de xuristas dispostos a dispensarlle á lingua galega un futuro mellor. Mágoa que os programas informáticos que teñen que utilizar os funcionarios xudiciais non fagan máis doada a normalización do noso idioma nos procedementos procesuais.Por esa razón saudamos a aparición do Dicionario  Xurídico Galego da autoría dos maxistrados Luciano Varela Castro e Xosé Xoán Barreiro Prado, e do  profesor e académico da Real Academia Galega, Manuel González González. Unha obra imprescindible para espertar o interese dos profesionais do dereito polo noso idioma.

Para dar pulo a este proceso galeguizador no dereito, a Irmandade Xurídica Galega, a titular do Xulgado Único de Chantada, Elvira Cangado Cibeira, e o alcalde do Concello, Manuel Lorenzo Varela, convocan o próximo día 10 a todos os rexedores municipais, xuíces de paz, avogados e procuradores do partido xudicial a participaren no acto e ritual de compromiso individual coa  lingua galega e os seus obxectivos que se recollerán na “Declaración de Chantada a prol da normalización lingüística”.

Xosé González

Chuzame! A Facebook A Twitter

A loita nacionalista de Luís Soto. Crítica de Armando Requeixo sobre «Luís Soto. A xeira pola unidade galega», de Xurxo Martínez

Críticas,Crónica

O crítico Armando Requeixo publicou unha recensión sobre Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González, nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiño.

Memoria de Luís Soto

Aínda que por veces estrañe a algúns, segue a haber persoeiros de noso de relevancia indiscutible que continúan agardando por unha monografía que os biografe como cómpre. É o caso do intelectual e activista galego Luís Soto, de quen apenas se contabamos con algúns meritorios artigos publicados en diversos foros e que tivo que agardar polo traballo dun dos máis rigorosos investigadores das últimas promocións para saír do arrombamento no que semellaba andar enfuscado.

Luís Soto. A xeira pola unidade galega é o título do volume que nos desagraviou de tal esquecemento e Xurxo Martínez González o estudoso ao que hai que llo agradecer.

Nesta moi documentada crónica biográfica, Martínez González dá conta do seu nacemento na Bola (1902) e primeiros anos de estudos en Vilanova dos Infantes e Celanova e da súa marcha á emigración arxentina. Mais tamén das súas primeiras experiencias xornalísticas naquela terra, onde axudou a fundar o moi modesto xornal El Eco de Huinca Renancó, onde amosou xa a súa inequívoca caste de xornalista comprometido, o que deu con el no cárcere.

De regreso á Terra ―e tal como informa o seu biógrafo―, pronto tivo que volver marchar para cumprir co exército na fronte do Annual, da que retornou para rematar a carreira de mestre e pasar exercer na arraiana Buscalque, en Ramirás e Mondariz.

Durante este tempo e antes do estourido da Guerra Civil, cóntanos Martínez González que Soto desenvolvería unha moi intensa actividade política primeiro no seo da ATEO (a Asociación de Traballadores da Ensinanza de Ourense) e no PCE (Partido Comunista de España) e logo tamén na Federación Galega de Traballadores do Ensino. Este labor veuse truncado polo conflito armado, que o obrigou a sumarse ás barricadas republicanas de Vigo e que, unha vez perdida a praza, fixo que tivese que marchar ás terras de crianza no interior ourensán e, dende alí, fuxir ata Portugal e deste a Francia, onde seguiu defendendo a causa republicana nas filas de diferentes organizacións democráticas.

Polo remate da Guerra Soto atópase xa en México, tal como explica Martínez González. Alí acabou por erixirse nunha figura fundamental da promoción da nosa cultura naquelas terras e á súa tarefa política sumou tamén unha vigorosa dedicación na promoción do Padroado da Cultura Galega e na dirección da emblemática, Vieiros, revista de vangarda no exilio na que figuraron as voces das principais escritoras e escritores galegos do momento.

Agora ben, os anos de madureza e os tempos derradeiros de Soto van estar ocupados polas angueiras nacidas da súa pertenza fundacional á UPG, que tivo nel un dos principais promotores do Terra e Tempo e, nunha segunda etapa, da UPG-Liña proletaria e mais o PGP (Partido Galego do Proletariado), formación na que militou ata a fin dos seus días, como nos lembra Martínez González, quen ten tamén palabras para o seu tránsito derradeiro, en México DF, polo mes de santos de 1981.

Todo este periplo é relatado polo biógrafo partindo de fontes documentais e mais de entrevistas con algúns dos camaradas de Soto (Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Manuel García Crego) e distintos familiares (o seu fillo Luís Soto García, entre outros), o que fan deste Luís Soto. A xeira pola unidade galega un traballo máis que fidedigno na recreación da andaina dun intelectual que apenas se esbozou as súas memoranzas en Castelao, a UPG e outras memorias (1983) e que ten nesta obra de Xurxo Martínez González cabal espello dunha vida dedicada a unha causa: a loita a prol dunha nación galega libre e identificada.

Armando Requeixo

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Trece noites trece lúas», de Antonio Reigosa: un libro que namora. Artigo de Helena Villar Janeiro

Álbums,Artigos literarios,Críticas

A escritora Helena Villar Janeiro publicou en El Correo gallego un artigo de opinión sobre o libro de Antonio Reigosa  Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal, ilustrado por Noemí López.

 

Antropoloxía do Nadal

PUNTUALMENTE oportuno chega ás miñas mans Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal (Xerais, 2011), da autoría de Antonio Reigosa con ilustracións de Noemí López, un deses libros que namora con velo e follealo e prenda cando se le.

O Nadal é unha festa que, cristianizada, dura trece días e trece noites pero que ten raigame na cultura desde os inicios da historia. Empezou coa celebración do solsticio de inverno, tivo relación con vellos deuses, como Osiris (Exipto), Dionisio (Roma oriental) e Mitra (Roma occidental) e con el coincidían os días das Saturnalia na capital do Imperio. Leva moitos séculos cristianizada pero os pobos conservaron, aínda estando prohibidos pola Igrexa, restos das antigas celebracións. No presente, o tempo de Nadal é unha suma de ideas, crenzas e prácticas moi complexa nas que non están ausentes o Sol, a Lúa, o Lume, as árbores e unha serie de vellos ritos dos que parece necesario recuperar o seu sentido inicial.

Este libro, fermoso como un agasallo para a infancia e coa sabedoría e as lembranzas que cómpren á xente adulta, leva aínda outro subtítulo: Mitos, ritos, lendas e tradicións do Nadal en Galicia e no mundo de arredor. Desde o punto de vista formal, está dividido en dez capítulos que van repasando o que ocorre arredor desta celebración e os seus antecedentes. O obxecto de celebración. Os antecedentes do Nadal cristián. Os preparativos, cos ritos, a arte e mesmo a gastronomía. A Noiteboa e os seus símbolos e lendas dando outra volta polos costumes culinarios. O día de Nadal cun repaso polas artes e as lendas. A Noitevella coas diversas maneiras de celebrar o cambio do ano. O Aninovo e a variedade antropolóxica de celebrar o tempo novo. As felicitacións, os agasallos e os distintos regaladores. Os Reis Magos de Oriente, onde volven entrar as preparacións culinarias. E os cantos, xogos e representacións do Nadal con todas as súas modalidades.

Coa testemuña de varios escritores e escritoras e a achega bibliográfica que permite aprofundar no coñecemento deste apartado do calendario, remata coa idea da gran renovación: “Como cada ano, ao final do tempo de Nadal, os mortos regresan ao seu escuro mundo mentres o novo sol (os crentes poden chamarlle Xesús) nos recarga de enerxía suficiente para que a natureza, e nós con ela, revivamos outra volta”.

Helena Villar Janeiro

Chuzame! A Facebook A Twitter

Anotación de Xosé Manuel Eyré sobre «Fantasmas de luz», de Agustín Fernández Paz

Críticas,Infantil

O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog, Ferradura en tránsito, unha anotación sobre Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz.

 

Fantasmas de luz, Miguelanxo Prado e a vida como exemplo

Comecei a lelo nun intre ponte entre dous compromisos, ese tempo morto que ás veces che se presenta sen que teñas nada planificado. E xa non dou parado, xa case o teño mediado. A nova novela de don Agustín Fernández Paz chega tamén ilustrada polos deseños de don Miguelanxo Prado. Velaí dous primeiros espadas, un contando historias con palabras e outro con liñas e cores, xuntos. E o cinema, de fondo. Difícil de resistir. Vénme a cabeza aqueles Narradores de cine. Tamén os Cinepoemas de Claudio Rodríguez Fer. Esta é outra homenaxe ao cinema, non son poucas as que na literatura galega se lle teñen dado. Nin inmerecidas senón lóxicas, que a fascinación a que induce é moita. En definitiva, a fascinación polas historias é común ao cinema, á literatura e á banda deseñada. As súas historias indúcennos unha fascinación, embébennos de tal xeito, que non resulta doado desapegarnos delas.

Agustín Fernández Paz, o Gran Comentador, desde O único que queda é o amor en proceso de achegamento ao lector adulto, a súa narrativa resulta tan próxima porque posúe a habilidade de que os naradores de convirten en comentadores, perdendo esa frialdade incial e prendendo ao lector polos colares da confidencia.

Miguel Anxo Prado, as súas historias en banda deseñada casan moi ben coas historias de Agustín. Moi ben. Porque, neste caso en particular mais tamén se pode xeralizar, os deseños de Miguelanxo teñen o poder de lembrarnos que se está a falar da vida real, que é o que interesa, a vida real e os problemas dos seus habitantes, eses conflitos que fan de calquera peón un heroe, non porque os resolva senón máis ben porque malia a problemática consegue seguir adiante.Á vez que presta moito coidado en lembrarnos que o que vemos/lemos non é a realidade, senón unha fantasía sobre o real.

A vida como exemplo.

As historias como reivindicación de que o ser humano garda un tesouro dentro, un misterioso tesouro.

E o lector de histroias para certificalo, descubrilo, descubrir aquilo non que non repararía de non ser porque llo contan.

Xosé Manuel Eyré

Chuzame! A Facebook A Twitter

O fallo dos premios Álvaro Cunqueiro e Manuel María de teatro para Marcos Abalde e Paula Carballeira crean expetación

Biblioteca Dramática Galega,Noticias,Premios,Teatro

É moi significativa a notoriedade que tivo nos medios de comunicación o fallo do XX Premio Álvaro Cunqueiro e do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, que publicará Xerais nos vindeiros meses, tal e como pode verse neste pequeno dosier en pdf, así como as expectación que espertaron. O primeiro gañouno Marcos Abalde, coa obra A cegueira, e o segundo gañouno Paula Carballeira coa obra O refugallo.

Reproducimos a nova publicada en LG3, Culturagalega.org, onde, ademais, pódese escoitar a voz dos autores falando das súas propias obras.

 

PAULA CARBALLEIRA FAISE CO MANUEL MARíA MENTRES O BARRIGA VERDE QUEDOU DESERTO

Marcos Abalde gaña o Álvaro Cunqueiro cun texto poético situado nun contexto bélico

“Un texto moi pouco complacente, situado nun contexto de guerra onde se desenvolve unha cerimonia eucarística” así explicou Marcos Abalde (Vigo, 1982) o ambiente no que se sitúa o seu texto, A cegueira, elixido por maioría como o gañador do XX Premio Álvaro Cunqueiro. O premio está dotado de 6.000 euros máis a “posibilidade” (se existe orzamento) de publicar o texto dentro da colección Biblioteca Dramática Galega que a Agadic, convocante do premio, coedita con Edicións Xerais de Galicia. O texto será publicado en catro meses, tal e como comentaron fontes de Agadic. Paula Carballeira gañou o Manuel María de literatura dramática infantil, mentes o xurado declarou desertas “por unanimidade” as dúas modalidades do premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques. 

O premio de teatro Manuel María de literatura dramática infantil recaeu “por maioría” na autora Paula Carballeira sobre un texto que, en palabras da gañadora, “fala do que se prescinde e se tira, como pode ser a cultura ou o teatro nestes tempos.. que se reconstrúe a través da capacidade que teñen os nenos de imaxinar”. Para a autora, os 6.000 euros de premio “serviranlle á miña compañía, Berrobambán, poder facer os nosos textos e asumir outros proxectos máis arriscados, polo que estou moi contenta”.

Pola contra, Anxo Abuín, profesor da Universidade de Santiago e presidente do xurado, asegurou que “por unanimidade” decidiron declarar desertos os textos presentados ao Premio Barriga Verde de Monicreques nas súas modalidades. “o xurado tomou esta decisión porque as obras non tiñan calidade literaria e a viabilidade escénica.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O libro «Ninguén», de Fran Alonso, fotografado na India por un lector

Fotografía,Narrativa

Fran Alonso publica no seu blog, Cabrafanada, unha serie de fotos que lle enviou un lector logo de fotografar o seu último libro, Ninguén, con diversas persoas e paisaxes urbanas na India.

Chuzame! A Facebook A Twitter