U
n ano máis, Culturgal abre as súas portas no Pazo da Cultura de Pontevedra os días 2-3 e 4 de decembro. Tres días de actividade sen tregua para os públicos máis variados.
Este ano, ademais, abrimos a Tenda de Culturgal, un cuarto grande e bonito ateigado de cousas apetecibles para picar: literatura, música, audiovisuais, novas tecnoloxías. Todo, cun desconto do 10 %
Se é Cultura está no Culturgal
Este é o programa de XERAIS no Culturgal 2011:
Venres 2
- 19:30 h.: Presentación de A caza do ghazafello. Unha aventura en libro-disco de Denis M. , música de Marcos Paino e ilustracións de Sara López. No Cuarto dos Nenos. Participan: Marcos Paino, Denis M. e Xurxo Souto
- 21:00 h.: Presentación de Guerra civil. O que pasou en Galicia e en España, de Federico Cocho. No Salón. Conversa co xornalista Eduardo Rolland
Sábado 3
- 14:00 h.: Presentación de Dragal I e Dragal II de Elena Gallego. No Salón. Conversa coa escritora Ledicia Costas
- 18:30 h.: Presentación de Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa de Anxo Fariña. No Cuarto dos Nenos. Participa: Anxo Fariña
- 19:00 h.: Conversa con Manuel Rivas e José Luis Cuerda. Todo é silencio novela e película. No Salón. Entrevistados por Manuel Jabois
Domingo 4
- 12:00 h.: Conversa con Jacobo Fdez Serrano sobre a novela gráfica Lois Pereiro. Breve encontro e Mil cousas poden pasar I e II. No Salón. Entrevistado por Xesús Fraga.
- 13:15 h.: : Conversa con María Xosé Queizán sobre a novela Meu pai vaite matar. No Salón. Entrevistada por Xesús Fraga.
- 14:00 h.: Presentación da novela Poñente, de Pere Tobaruela. No salón. Intervén Francisco Cidrás (profesor de Filoloxía Galega da USC)
- 16:30 h.: Presentación de Ninguén, de Fran Alonso. No Salón. Conversa coa xornalista Belén López.
- 18:00 h.: No Salón: Conversa con Emilio Alonso sobre o libro Vigo a 80 revolucións por minuto, con Víctor de las Heras, sobre Vigo. A explosión dos ‘80 e algúns músicos da movida viguesa: Antonio Amblés (Sucursal Urbana / Los Cafres), Antonio Rosales (Sucursal Urbana / Los Cafres) e Agustín Moreiras (Caja B) , entrevistados por Teresa Cuíñas.
- 18:30 h.: Fran Alonso e Xurxo Souto con O meu gato é un poeta. No Cuarto dos Nenos. Participan: Xurxo Souto e Fran Alonso
- 19:00 h.: Conversa con Carlos Callón sobre Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. No Salón. Entrevistado por Teresa Cuíñas.
AO REMATE DE CADA ACTO, OS AUTORES E AUTORAS ASINARÁN EXEMPLARES DAS SÚAS OBRAS NO STAND DE XERAIS
XERAIS