O mércores, 23 de novembro, ás 19:00 horas, terá lugar, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27 de Vigo, a presentación do libro Vigo a 80 revolucións por minuto de Emilio Alonso, no acto participarán, Xulio Gómez (Colectivo Sinsal), Marià Arbonés (Director de www.reusdigital.cat), Manuel Bragado e Emilio Alonso.
A partir das 21:00 horas, seguirá a festa con música en directo de novos e vellos músicos en LA IGUANA CLUB, rúa Churruca, 14
Vigo a 80 revolucións por minuto é unha crónica da movida viguesa da década de 1980 realizada por Emilio Alonso, colaborador activo deses acontecementos que supuxeron unha renovación conceptual das artes nunha época convulsa en Vigo, acabada a sociedade de saír dunha ditadura de corenta anos, con mobilizacións continuas de traballadores contra a reconversión do sector naval, con protestas estudantís en defensa dos seus dereitos, coa proliferación das drogas e as súas consecuencias…
O 27 de decembro de 1981, no cine do Colexio Salesianos, celebrouse o que se pode considerar “acto fundacional” da movida viguesa: o primeiro concerto de Siniestro Total (con Julián Hernández, Miguel Costas, Alberto Torrado e Germán Coppini) prendeu a chama deste fenómeno que deixou unha forte pegada no desenvolvemento cultural de sucesivas xeracións.
Nesta obra, cunha extensa e variada documentación gráfica e xornalística, ademais de falar da música, parte esencial da movida, concédeselle a relevancia que merecen a outras disciplinas como a poesía, a pintura, a moda e a estética, o teatro, a fotografía, o cine… E tamén ao xornalismo radiofónico e aos fanzines que difundían todo o que abrollaba na cidade atlántica que se chegou a converter por uns anos na referencia cultural da mocidade de toda a Península.
XERAIS
[...] Sinsal Audio Convocatoria para os actos de presentación do libro en Vigo (23-XI-2011)22/11/11 Presentación en Vigo de “Vigo a 80 revolucións por minuto” [...]
Pingback by Vigo a 80 revolucións por minuto » Convocatoria para os actos de presentación do libro en Vigo (23-XI-2011) — 26 Novembro 2011 @ 6:24 p.m.
[...] se desenvolveu a chamada “industria cultural” viguesa das dúas últimas décadas. Onte presentamos o documentadísimo libro de Emilio, o responsable daquel exemplar programa de radio local, “A trincheira”, onde se seguiu [...]
Pingback by Brétemas » Onte 77: Vigo a 80 rpm — 2 Decembro 2011 @ 9:59 a.m.
[...] Voz de Galicia unha crónica sobre o libro Vigo a 80 revolucións por minuto de Emilio Alonso, que se presenta esta tarde, ás 19.00 horas na Casa do Libro da cidade [...]
Pingback by «Vigo, a 80 revolucións por minuto», de Emilio Alonso: A movida tarde trinta anos en ter a súa primeira crónica | Xerais — 19 Decembro 2011 @ 10:27 a.m.