Presentación en Santiago de “Poñente” de Pere Tobaruela

16 Novembro 2011

Narrativa,Presentacións

Esta presentación, que contará coa participación de Juan Monterroso, Lourenzo Fernández Prieto, Xoán Carmona, Manuel Bragado e Pere Tobaruela, terá lugar no martes, 22 de novembro, ás 20:00 horas na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago na Praza da Universidade, 1 de Compostela.

O poñente e a súa luz guían os dous protagonistas desta novela: Carme e Josep. Carme é unha muller de hoxe en día mergullada nun fondo proceso de cambio emocional. Para ela a luz do poñente ten un perfil concreto: unha galega chamada Sarela que, entre outras cousas, a obriga a cuestionarse a súa identidade sexual.

Atendendo a coordenadas temporais diferentes, o poñente tamén constitúe o horizonte persoal de Josep Sadurní, un dos pioneiros cataláns do século XIX que emigraron cara a terras galegas e que asentaron aquí para sacar adiante con éxito a industria da salgadura, marcando para sempre o devir da poboación da beiramar deste país.

Carme é unha profesora que, motivada por Sarela, comeza unha investigación sobre os industriais cataláns que se dedicaron á salga. Esta pescuda ábrenos unha fiestra ao coñecemento das relacións entre Cataluña e Galicia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

2 Comentarios »

  1. [...] estaremos na facultade de Xeografía e Historia de Compostela, acompañando a Pere Tobaruela para presentar a tradución ao galego da súa Llum de ponent. window.___gcfg = {lang: 'pt-BR'}; (function() { var po = [...]

    Pingback by Brétemas » Onte 75: Libro do Nadal — 2 Decembro 2011 @ 9:58 a.m.

  2. [...] presentación de Poñente díxoo Tito Fernández Prieto: “Pere Tobaruela é un fomentador, xa que descubre [...]

    Pingback by Brétemas » Onte 76: Tobaruela, fomentador — 2 Decembro 2011 @ 9:59 a.m.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URL

Deixa un comentario

Olark Livehelp