Presentación en Lugo de “Trece noites, trece lúas” de Antonio Reigosa

15 Novembro 2011

Literatura_tradición_oral,Presentacións

O luns, 21 de novembro, ás 20:00 horas, terá lugar, na Galería Sargadelos de Lugo, Praza de Santo Domingo, 4 a presentación de Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal de Antonio Reigosa e ilustrado por Noemí López. No acto participarán os autores e Manuel Bragado.

Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal é  unha viaxe que lle propoñemos para percorrer este tempo mítico que vai desde o 25 de decembro, suposta data de nacemento de Xesús, ata o 6 de xaneiro, día do seu bautismo, outra forma de nacemento. Entremedias practicamos ritos, reunímonos para festexar, cantar, bailar e comer, tentamos a sorte, repoñemos enerxía e bos propósitos, e seguimos, ou cremos seguir fielmente tradicións que ao mellor non son tan «tradicionais» como cremos…

No gran teatro das festas que se van sucedendo polo ano adiante, a escena que representamos colectivamente nos días de Nadal constitúe o clímax, a esencia e o resume de todas elas pois sendo, como é, un final, reverdece en cada un de nós unha ilusión e unha esperanza polo que se anuncia que vai comezar.

Chuzame! A Facebook A Twitter

1 comentario »

  1. [...] da era Rajoy viaxei a Lugo, tras previo xantar cun equipo de autores no Barco de Valdeorras, para presentar Trece noites, trece lúas, o moi fermoso libro sobre os mitos, ritos e tradicións do nadal galego [...]

    Pingback by Brétemas » Onte 75: Libro do Nadal — 2 Decembro 2011 @ 9:56 a.m.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URL

Deixa un comentario

Olark Livehelp