Truman Capote e «Ninguén», de Fran Alonso no artigo de opinión de Jaureguizar

2 Novembro 2011

Artigos literarios,Críticas,Narrativa

Jaureguizar centrou  o seu artigo de opinión desta fin de semana en El Progreso en Truman Capote e o libro Ninguén, de Fran Alonso.

Un zume que non estaba só

Truman Capote almorzaba zume de laranxa. Tomaba varios máis ata o xantar. E tamén despois. O seu avogado, Alan Schwatrz, sabía que a laranxa ía emparellada con vodka. Non dubidaba porque se citaban decotío. Hai que ser tan peculiar como Capote para que un dos teus mellores amigos sexa o teu avogado. Esa relación permitiunos gozar dunha noveliña pícara como ‘Cruceiro de verán’ (Galaxia). Partindo dunha versión orixinal de 1943 e de centos de apuntamentos con rehabilitacións e melloras que se demoraron dez anos, varios expertos deron fi xado un texto en 2004. A historia é a historia

que sempre escribía Capote: unha persoa soa no páramo

edifi cado da metrópole. Reescribiuna relacionando unha

prostituta e un gigoló en ‘Almorzo en Tiff any’s’, que cumprirá medio século cadrando coa Feira de Santos de Monterroso. Fran Alonso tamén narra a soidade. Xa o fixera no clásico ‘Silencio’ e retoma o asunto máis ou menos onde o deixou en ‘Ninguén’ (Xerais). Os ruídos dos veciños xa non se filtran polas paredes, senón polo Facebook. Un dos seus personaxes recoñece que «non lembraba que a súa nai recease da soidade» porque ela vivía nunha aldea e emigrara á cidade levando canda si

«a alegría da vida comunal». En nunca lle atopei ao chiste

á vida permanente na aldea, pero si é certo que a soedade é unha sensación de factura recente na Historia humana. Capote non a padeceu –atendía colas de amigos– ata os últimos tempos por mor de que se volveu punzante. Acabou tan desacougado que, cando Alan Schwartz o convenceu para facer testamento, houbo de remontarse a un vello amante, Jack Dunphy, para deixarlle todo.

Jaureguizar

Chuzame! A Facebook A Twitter

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URL

Deixa un comentario

Olark Livehelp