O venres, 28 de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Librouro, rúa Eduardo Iglesias, 12 de Vigo, terá lugar a presentación da novela Vía secundaria de An Alfaya (Premio de Novela por entregas “La Voz de Galicia” 2010). No acto intervirán, Ramón Nicolás, Manuel Bragado e a autora.
Vía secundaria é un relato de vidas cruzadas sobre a soidade e a incomunicación, ese virus silencioso, mais moi estendido, que asolaga os nosos días. Unha emocionante novela coral, escrita e construída con mestría e precisión, capaz de arrebatar o interese dos lectores e lectoras en todos e cada un dos seus capítulos.
XERAIS
[...] viguesa libraría Librouro encheuse na presentación de Vía secundaria, a obra de An Alfaya gañadora do Premio de novela por entregas de La Voz de [...]
Pingback by Brétemas » Onte 51: An Alfaya — 1 Decembro 2011 @ 6:52 p.m.