Mil cousas poden pasar. Libro II, de Jacobo Fernández Serrano, é unha das novidades da colección Merlín deste outono. Ademais, lembramos que o autor mantén un blog sobre os libros de Mil cousas onde publica todos os días unha anotación: «curiosidades, debuxos a lapis, a veces poño algún video, falo dalgún persoaxe, anuncio algunha das sorpresas do libro, e ese tipo de cousas».
Mil cousas poden pasar. Libro I rematou con Lina e Pouco na praia, falando, durmindo, bicándose e comendo mazás. Que aventuras correrán na viaxe de regreso a Nil? Como atoparán a súa vila? Que será do neno Propicio, do cocho Isaías, do río Inrique e de todos os demais? E o máis importante: que será de Hedión? Unha cousa pódese adiantar: fixo novos amigos, e xente boa non son.
XERAIS
[...] noticia excelente. Entre eles atopamos a singularidade e dinamismo de Fariña que, como fai tamén o xenial Jacobo Fernández Serrano, arrisca escribindo e ilustrando dende as marxes da fantasía e da ciencia ficción sobre temas [...]
Pingback by Brétemas » Onte 65: Anxo Fariña — 1 Decembro 2011 @ 7:10 p.m.
necesito un pequeno resumo de mil cousas poden pasar 2
gracias
Comment by lucia — 8 Maio 2012 @ 7:41 p.m.
porfis de que va
Comment by lucia — 8 Maio 2012 @ 7:42 p.m.