Xosé Manuel Eyré publica no seu blog, Ferradura en tránsito, diversos apuntes críticos sobre Despois da medianoite, da escritora india Salma.
As mulleres da noite esgazada tamil
Nomes de muller: Madina, Zhora, Nafiza, Wahida, Firdaus, Saura, Sherifa, Fatima, Rabia, Amina, Sabia, Mumtaz, Sainu, Kairunissa, Maimoon
Situacións:
-Acaba de ter a primeira menstruación, polo tanto debe abandonar a escola e non saír da casa até casar, casará con Sikander ( depois marcha emigrado) e sentirase violada, o seu sogro non para de mirala con
lascivia, ela non sabe ser afectuosa co marido nin o marido con ela, a casa dos sogros afógaa ( a sogra non para de rifarlle) e axiña descubrirá que tamén a súa propia casa é capaz diso.
-Dúas nenas, van á escola, pregúntanse porque un home pode casar varias veces e unha muller non, no ceo haberá virxes para servir ás mulleres igual cós homes?, porque non poden seguir estudando e lendo despois da primeira menstruación?, pouco saben do sexo e vansa informando como poden.
-Muller que foxe cun home, deixa un fillo. A problemática creada á comunidade é enorme pois toda a comunidade queda estigmatizada por isto. A comunidade redúcelles ás mulleres as escasas liberdades que xa tiñan, especialmente ir ao cine. A aventura dura un ano aproximadamente, e ela morrerá atropelada. Na comunidade ven niso un acto de xustiza, a man de Alá.
-Cásana cun home ao que non quere, prodúcelle repulsión, e divórciase del. Píllaa, outra muller, co seu amante. Aféalle a conduta e acúsaa á nai. A nai pídelle á filla que se suicide, ou se suicida a filla ou se suicida nai, finalmente é a filla quen se suicida.
-Muller malcasada, que, por riba, fica viúva. Se casada tiña mala vida, de viúva é peor, unha morta en vida
-Unha prostituta, feminista.
-Outra acabada de divorciar, esta vese na de ter que abortar ou creará unha situción insostíbel
-Todas estas mulleres botan o día traballando na casa. Elas levan a casa. Non poden comer, por moita fame que teñan, antes de que chegue o home. Nin levarlle a contraria ou falar mal del. Nin entrar na mesquita
Poisbilidades combinatorias: As que se queiran
Ubicación temporal: Pouco importa mais é agora
Ubicación xeográfica: No rural de Támil Nadu, India. Mais non só é cousa deles.
Certezas: O drama. A traxedia. A noite esgazada.
XERAIS