Agustín Fernández Paz, Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil

13 Setembro 2011

Autores,Noticias,Premios

O escritor Agustín Fernández Paz foi galardoado onte co Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil, fallado en México e dotado con 30.000 dólares. A entrega do premio ao escritor galego terá lugar o día 29 de novembro na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México).

O xurado do certame, integrado por Verónica Abud, Julia Calzadilla, Teresa Colomer, Alicia Molina e Xavier Senín, destacou do gañador «o seu compromiso cos valores humanos universais e o seu papel determinante na construción dunha literatura infantil e xuvenil en lingua galega», destacando tamén a súa extensa obra narratiava, que aborda gran diversidade de xéneros e temas.

Fundado en 2005 co obxectivo de impulsar a literatura infantil e xuvenil en Iberoamérica, o Premio SM é convocado anualmente pola Fundación SM, o Centro Rexional para o Fomento do Libro en América Latina e o Caribe (CERLALC), a International Board on Books for Young People (IBBY), a Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura (OEI) e a Oficina Rexional de Educación para América Latina e o Caribe da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO/OREALC), coa colaboración da FIL Guadalajara. Os gañadores de anos anteriores foron o escritor Juan Farias, Montserrat del Amo e Gili, Bartolomeu Campos de Queirós, María Teresa Andruetto e Laura Devetach.

A noticia tivo ampla repercusión na prensa latinoamericana.

Na prensa galega, dedicáronlle especial relevancia ao premio os xornais La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El País, Xornal de Galicia, Diario de Pontevedra e El Progreso. Actualización: Galicia Hoxe, Atlántico Diario.

Comunicado oficial do fallo do Premio.

Chuzame! A Facebook A Twitter

2 Comentarios »

  1. [...] sempre dende a lingua galega, a súa primeira patria. Agardamos poder acompañalo en Guadalaxara o 29 de novembro, xunto con Rosa Aneiros e Marcos Calveiro, os dous autores galegos convidados ás actividades da [...]

    Pingback by Brétemas » Onte 5: Agustín premio iberoamericano — 28 Novembro 2011 @ 4:44 a.m.

  2. [...] o martes 29 de novembro en Guadalajara.’ Vía Galaxia. Tamén reseñado en Cultura Galega, Xerais, Baía, AGE, Galiciaé, La Voz de Galicia, La Opinión, El País (Galicia), Xornal, Galicia Hoxe, [...]

    Pingback by Agustín Fernández Paz gaña o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil | ::Axenda cultural AELG:: — 7 Decembro 2011 @ 8:56 a.m.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URL

Deixa un comentario

Olark Livehelp