«Unha historia que non vou contar», de Cid Cabido, no blog Momificaciones

5 Setembro 2011

Blogs,Críticas,Narrativa

O blog Momificaciones inclúe unha valoración da novela Unha historia que non vou contar, de Cid Cabido.

Para algún dos que saben de crítica literaria, a novela Unha historia que non vou contar (Xerais, 2009) do misterioso Cid Cabido (Xunqueira de Ambía, 1959) merece o calificativo de “moderna” porque mestura técnicas habituais da narrativa con outras propias da non ficción, como reseñas periodísticas ou transcripcións de entrevistas. Mesmo alguén podería falar de metaliteratura ao referirse a ela. Eu, alleo por completo á teoría, disfruteina moito.

Lida coas lentes para ver de lonxe, é a historia dun escritor que comeza a vivir nun apartamento con vistas á Porta do Sol de Vigo, emprestado por un amigo. Case sen planificación e coa intención de escribir unha novela, inicia a investigación dun famoso crime acontecido na cidade nos anos setenta e que aínda permanece confuso en moitos aspectos. Da man do protagonista, imos coñecendo as circunstancias da morte de Antonio Alfarem, presidente da Unión de Conserveiros de Galicia, contada por testigos e protagonistas directos deste caso que conmocionou á sociedade viguesa nos derradeiros anos do franquismo.

Coas lentes de ver de cerca disfrutei coa escrita de Cid Cabido, coas referencias cinematográficas e musicais que inzan a novela, como a canción Alone again or que abre un capítulo. Rin coa “adherencia” do protagonista, que lee a teoría da sincronicidade de Jung mentres está metido nunha especie de thriller sentimental.

Con lentes ou sen elas, esta é unha novela que, coa atinada escenografía de coñecidos lugares da cidade de Vigo, conta de xeito extraordinario unha historia que non se vai contar.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URL

Deixa un comentario