Boa acollida para o «Penúltimo Dietario» de Xosé Neira Vilas

30 Agosto 2011

Crónica,Noticias,Xornalismo

O escritor Xosé Neira Vilas presentou na Prazas dos Libros o seu último libro, publicado por Xerais e titulado Penúltimo Dietario, segundo informou La Voz de Galicia de Carballo, diante dunha “multitude de xente que acudiu ao encontro e á posterior sinatura de exemplares. No acto tamén estiveron Silvana Castro, concelleira de Benestar, que fixo unha breve introdución sobre a vida do autor, e Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia, que rememorou algúns dos titulos de Neira VIlas e falou a grandes trazos da súa última obra. Anisia Miranda, a falecida muller do escritor, estivo moi presente, xa que, tal como, el afirmou «é un libro escrito a dúas voces». Penúltimo Dietario recolle as memorias do autor, baseándose sobre todo nos encontros coa súa muller en Galicia, dende o 1973 ata o 2009, ano no que ela morreu. Dende ese momento, a vida de Neira cambiou radicalmente: «Agora navego cun só remo», declarou”.

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS para comentarios deste artigo.

O formulario do comentario está pechado neste momento.