Crítica de Xulio Valcárcel sobre «Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia» de Francisco Calo Lourido

25 Agosto 2011

Críticas,Ensaio,Historia

O escritor e crítico Xulio Válcárcel publicou nos xornais xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e El Ideal Gallego unha recensión crítica sobre o libro Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia de Francisco Calo Lourido.

0 celtismo é un debate aberto con fortes enfrontamentos e crispacións. Posturas nunha dirección e noutra dominan o panorama cada ceno tempo. Agora mesmo hai unha tendencia xeralizada, en Bretaña, en Inglaterra, en Irlanda… de negar o celtismo desas comunidades.

Galiza celta

Francisco Calo Lourido non acepta ese suposto celtismo, aqás como substrato lingüístico

Qué significa ser “celta”. É Galiza celta? Hai ou houbo unha celticidade galega? O libro de Francisco Calo Lourido, “Os Celtas. Unha (re)visión desde Galicia” (Edicións Xerais, 2011) contesta a esas preguntas. Con múltiples dados, argumentos e comentarios non sempre claros, quizais porque non se pode demandar claridade nun tema tan debatido e tan confuso, Calo Lourido toma partido nun conflicto que xera debates e paixóns e no que se mesturan a historiografía coa literatura, a lenda co constrastado obxectivamente.
Agora mesmo hai unha tendencia xeralizada, en Bretaña, en Inglaterra, en Irlanda… de negar o celtismo desas comunidades. Teses ben distintas deféndenas, non obstante: investigadores da Universidade Complutense de Madrid e na propia Galiza; para eles o celtismo e os celtas informan o pasado de importantes pobos europeos. Toca hoxe achegarnos a un libro que cuestiona abertamente todo o celta, salvo o que se refire a un substrato lingüísitco, que non nega.
Se entendemos ben, para Calo Lourido o que coñecemos como “cultura castrexa” comeza arredor do ano 500 a.C. –outros autores sitúana antes- e nace de maneira espontánea, sen intervención foránea, aínda que nese tempo xa se mantiñan contactos con xentes procedentes do Mediterráneo (pobos púnicos) e do norte, Armórica, Bretaña, Illas Británicas. No ano 137 a.C. teñen os castrexos o primeiro contacto coas lexións romanas que mandaba Décimo Xunio Bruto, e no 60 Xulio César chega ás actuais costas da Coruña, ficando este territorio baixo dominio romano. Dáse en consecuencia unha progresiva romanización, parella ao máximo desenvolvemento da Cultura Castrexa: é a época dos grandes castros defendidos por murallas, rúas enlousadas e casas relativamente confortables.
Afirma Calo Lourido que o concepto “celta” é vago porque os gregos alcumaban “celta” desde criterios meramente xeográficos, de xeito similar a como hoxe dicimos “africano”, sen reparar se se trata dun exipcio, dun libanés ou dun angolano, que poden non ter nada en común. “Autores romanos dos séculos II e I a.C. concretan máis, introducindo como sinónimo de celtas os termos “galos” e “gálatas”, pero tamén baixo eses nomes se agochan realidades lingüísticas, étnicas e culturais moi distintas”.
Atendendo aos escritores romanos, dos corenta pobos dos que falan referidos á Cultura Castrexa, ubicados no convento Lucense e Bracarense, só tres ou catro serían célticos. Unha presa de séculos máis tarde, no ronsel do romanticismo dominante en Europa, tratando de dotar a Galiza duns antecedentes prestixiosos, inventouse unha etnia celta da que descemos os galegos. Ese celtismo literario do XIX terá logo continuación na busca de argumentos científicos que avalasen a veracidade da proposta. Pero Calo Lourido insiste en que o “celta” é unha cuestión meramente lingüísitca, referida a restos ou elementos anteriores, o que non quere dicir que todos falasen esa lingua, e que “non implica nin unha etnia, nin unha cultura, nin unha relixión”…

Xulio Válcárcel

Chuzame! A Facebook A Twitter

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URL

Deixa un comentario