A princesa Sabela, de Cornelia Funke, na sección Un libro para cada día, de A Nosa Terra.
Cornelia Funke para primeiros lectores
Cornelia Funke é unha das autoras máis famosas no mundo da literatura infantil e xuvenil. ‘A princesa Sabela’, que agora publica Xerais, é un conto pensado para os cativos da casa que xa dominan as letras pero aínda non se atreven con textos demasiado longos.
Sabela está até o fociño de aburrirse. Non lle gusta que lle dean todo feito e quere escapar da súa rutina de grandes festas, grandes sorrisos, bonitos vestidos e face sempre limpa.
Devece por poder saír da casa, andar ao seu aire, rubir árbores e manchar a roupa. Así que un día, farta, acaba por guindar a coroa a unha poza. O rei, anoxado, vaina castigar dun xeito que, paradoxalmente, moita alegría lle vai dar á pequena Sabela.
A princesa Sabela é un conto da alemá Cornelia Funke, traducido ao galego por María Xesús Bello Rivas e con ilustracións de Kerstin Meyer.
XERAIS