Hoxe poñemos a disposición dos lectores e lectoras un adianto dun capítulo do orixinal, aínda sen maquetar, do Premio Merlín 2011, A chave da Atlántida, de Anxo Fariña, que pode descargarse en pdf.
Descargar aquí o capítulo 3 de A chave da Atántida
A chave da Atlántida, a obra gañadora da 26ª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, recupera o mito da busca da Atlántida, o continente perdido, asolagado, esa civilización antiga dos atalantes da que non se sabía en que parte do planeta quedou agochada.
Foron os científicos do chamado «Proxecto Prometeo» os que crearon A-cero, un ser humano artificial, un organismo sintético de silicio, un robot capaz de amosar curiosidade polos sentimentos humanos. Un proxecto científico que os bioenxeñeiros da empresa Biomorph desenvolveron a partir da lectura duns pergamiños atopados na fosa de Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolagada da Atlántida. Aqueles pergamiños, redactados nunha lingua descoñecida, deixaban ver uns planos no que se identificaban segredos ocultos, capaces de construír un novo futuro para a ciencia e para a humanidade. A fuxida de A-cero e o seu encontro con Eva e o seu tío Fran desencadeará a busca da chave que permita entrar na Atlántida, unha civilización en estado de hibernación, á que semella poder accederse dende as viguesas illas Cíes.
A chave da Atlántida é unha novela de ciencia ficción na que a un ritmo trepidante se mesturan os mitos dunha civilización antiga coas posibilidades ofrecidas polas biotecnoloxías e da robótica do futuro. Unha aventura que non dá tregua, onde non falta nin o amor nin as persecucións nin as probas fantásticas, na que se somete a indagación dos lectores e lectoras novos un dos tópicos da mitoloxía clásica.
XERAIS
[...] Aquí pode baixarse en pdf un fragmento do texto da obra gañadora. window.___gcfg = {lang: 'pt-BR'}; (function() { var po = document.createElement('script'); po.type = 'text/javascript'; po.async = true; po.src = 'https://apis.google.com/js/plusone.js'; var s = document.getElementsByTagName('script')[0]; s.parentNode.insertBefore(po, s); })(); Etiquetas: ágatha_de_santos, anxo_fariña, a_chave_da_atlántida, faro_de_vigo, novela, premios_xerais_2011, premio_merlín_literatura_infantil_2011 Comments (0) [...]
Pingback by Anxo Fariña, entrevista en «Faro de Vigo»: «A lectura é para divertirse» | Xerais — 7 Decembro 2011 @ 10:58 a.m.