Hoxe ofrecemos a todos os lectores e lectoras de Xerais dous textos en pdf sobre a novela Despois da medianoite, da escritora india Salma: un adianto do primeiro capítulo e outro texto de Salma no que relata a súa propia vida.
1) O adianto do primeiro capítulo (28 páxinas), que inclúe tamén a introdución da tradutora, María Reimóndez. Descargar.
2) «A miña vida»: Un texto de Salma no que relata a súa propia vida, traducido tamén por María Reimóndez e que non se inclúe no libro. Descargar.
O texto comeza así:
A miña familia púxome de nome Rajathi. Nacín nunha aldeíña onde prevalece unha atmosfera opresiva que impide que as nenas musulmás vaian á escola. Para todas as nenas que nacen na nosa aldea, a escola remata aos trece anos. Os meus días pasaban co medo de que ese día chegase tamén para min.
A novela Despois da medianoite, da escritora india Salma, é unha das novidades de Narrativa do mes de xuño. Está traducida por María Reimóndez e a autora visita Galicia, por invitación de IND, para presentar a súa obra.
Mañá preséntase en Santiago, ás 20:00 h. na Praza de Cervantes, coa colaboración da Libraría Couceiro; e o xoves preséntase en Vigo, tamén ás 20:00 h. na Libraría Librouro.
O calendario de presentacións, encontros e actividades de Salma en Galicia pode consultarse aquí.
XERAIS
[...] no blog de Xerais ofrecemos dous textos para descargar en pdf sobre a novela Despois da medianoite, da escritora [...]
Pingback by Brétemas » Salma: “A miña vida”, un interesante texto autobiográfico para descargar — 25 Novembro 2011 @ 5:53 p.m.
[...] novela pódense ler o primeiro capítulo e o limiar da tradutora premendo aquí. Ademais, Salma participará en diversas presentacións do seu libro: en Santiago o día 1 de [...]
Pingback by Despois da medianoite, de Salma (avance sobre o libro) | Caderno da crítica — 29 Novembro 2011 @ 11:42 p.m.