Primeiro capítulo en pdf de «Non hai noite tan longa», a novela de Agustín Fernández Paz

29 Abril 2011

Descargas,Narrativa

Ofrecemos hoxe a todos os nosos lectores e lectoras o primeiro capítulo en pdf de Non hai noite tan longa, a novela de Agustín Fernández Paz, que estará nas librerías a mediados do mes de maio.

Non hai noite tan longa conta o regreso de Gabriel Lamas, un home de 50 anos asentado en París, á vila galega na que naceu. É a primeira vez en trinta anos que pisa a súa terra. Non volveu nin sequera para darlle sepultura ao pai, condenado e encarcerado a finais dos sesenta por un delito que non cometeu. A Galicia coa que se atopa en 2002, tras a morte da súa nai, é moi distinta da que deixara en 1970. O que non cambiou foi a ferida que o arredou dos seus e o levou a Francia, aínda sen estiñar. A mala conciencia segue intacta. “A novela é un axuste de contas coa miña xeración”, explica Agustín Fernández Paz. Para máis información, aquí.

Descargar o primeiro capítulo de Non hai noite tal longa.

Chuzame! A Facebook A Twitter

2 Comentarios

  1. [...] anunciamos no blog de Xerais a publicación de Non hai noite tan longa, a nova novela de Agustín Fernández Paz, ao tempo que [...]

    Pingback by Brétemas » «Non hai noite tan longa», a nova novela de Agustín — 25 Novembro 2011 @ 11:00 a.m.

  2. [...] (Xerais) Pódese escoitar na voz do autor aquí. window.___gcfg = {lang: 'pt-BR'}; (function() { var po = document.createElement('script'); po.type = 'text/javascript'; po.async = true; po.src = 'https://apis.google.com/js/plusone.js'; var s = document.getElementsByTagName('script')[0]; s.parentNode.insertBefore(po, s); })(); Tags: Agustín Fernández Paz, Edicións Xerais, Non hai noite tan longaInternet, Narrativa [...]

    Pingback by Primeiro capítulo de Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz | ::Axenda cultural AELG:: — 25 Novembro 2011 @ 11:44 a.m.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URL

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.

Olark Livehelp