«Modesta proposición e outros ensaios», de Lois Pereiro, novidade do mes de marzo

23 Marzo 2011

Autores,Clásicos,Novidades

O libro Modesta proposición e outros ensaios, de Lois Pereiro é unha das novidades de Xerais do mes de marzo. Este libro se une aos outros dous, xa publicados, sobre o autor das Letras Galegas 2011.

A Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, así como os artigos e entrevistas incluídos nesta edición, son un testamento claro do pensamento e das posturas literarias e vitais de Lois, e rachan os dous principais tópicos sobre el. Un, o que o cualifica unicamente como poeta. O outro, o do seu malditismo. E reafirman o compromiso radical de Lois Pereiro coa literatura e co mundo no que vivía. «Canto peores sexan os tempos que vivamos, máis falsa será a inxenuidade, menos inocente a indiferenza, e máis cómplice non comprometerse», reclamaba na Modesta proposición.
Este ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas, Lois Pereiro faría 53 anos e sería un dos poetas de referencia. De feito éo, a pesar de que, ata este ano, unicamente tiña publicados dous poemarios e un terceiro póstumo, esgotados ou difíciles de atopar. Cento e pico poemas chegáronlle para ser a un tempo unha das voces máis innovadoras da lírica galega de finais do século XX e, como aventurou Manuel Rivas xa en 1993, o clásico que ten a literatura galega sen sabelo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

1 comentario

  1. [...] (Xerais) Tags: Edicións Xerais, Lois Pereiro, Modesta proposición e outros ensaiosDía das Letras, Ensaio [...]

    Pingback by Novo libro de Lois Pereiro: Modesta proposición e outros ensaios | ::Axenda cultural AELG:: — 23 Marzo 2011 @ 12:25 p.m.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URL

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.

Olark Livehelp