Crítica de Ramón Nicolás sobre «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso

8 Marzo 2011

Infantil,Poesía,Sopa de Libros

O xornal La Voz de Galicia publicou onte, na sección «Recomendacións», unha pequena recensión crítica de Ramón Nicolás sobre o libro O meu gato é un poeta, de Fran Alonso. A crítica pode baixarse en pdf ou lerse no blog de Ramón Nicolás. Reproducímola a continuación:

Un libro-espectáculo

Estaba por chegar un libro de poesía para primeiros lectores que, sen desatender o aspecto lúdico, asumise unha concepción interartística e multimedia, e Fran Alonso foi quen de artellalo, seguindo o ronsel iniciado con Cidades e Poetízate, cos que contribuíu a desacralizar tanto a dinámica creativa da poesía como o que atinxe ao proceso da súa recepción. Velaquí unha sorte de libro-espectáculo, con versións musicais de algúns poemas a cargo de Xurxo Souto e a opción de seguir xogando coa poesía nunha web interactiva creada ad hoc, onde o discurso creativo repousa nas palabras dese gato lírico e sorprendente, concibido cun orixinal deseño que se inspira en ferramentas tipográficas.

Ramón Nicolás

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS para comentarios deste artigo.

O formulario do comentario está pechado neste momento.