Libros de Xerais finalistas nos Premios da Edición 2010

21 Febreiro 2011

Autores,Noticias,Premios

A Asociación Galega de Editores fixo públicos esta fin de semana os libros e autores finalistas nos Premios da Edición 2010, que serán entregados en Lugo o sábado 12 de marzo durante o transcurso da Noite da Edición.

No que se refire aos libros de Xerais, os finalistas son Todo é silencio, de Manuel Rivas, no Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción do ano; a novela Bilbao-New York-Bilbao, traducido por Isaac Xubín, no Premio Lois Tobío ao mellor libro traducido do ano; e a Guía ilustrada da Galicia invisible, ilustrada por Noemí López, así como Quéroche contar un conto, ilustrado polos alumnos do centro ASPANAEX de Vigo, no Premio Isaac Díaz Pardo aos mellor libro ilustrado do ano.  En canto ao Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor ou autora do ano, os finalistas son Xosé Neira Vilas, Pepe Carreiro e Marcos Calveiro.

Chuzame! A Facebook A Twitter

1 comentario

  1. [...] This post was mentioned on Twitter by Xerais, Pilar Ponte. Pilar Ponte said: RT @Xerais: Libros de Xerais finalistas nos Premios da Edición 2010 http://xurl.es/atgv8 [...]

    Pingback by Tweets that mention Libros de Xerais finalistas nos Premios da Edición 2010 | Xerais -- Topsy.com — 21 Febreiro 2011 @ 11:16 a.m.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URL

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.