Manuel Rivas e Kirmen Uribe convidados a participar no Día Mundial das Linguas Maternas da UNESCO en Xenebra

4 Febreiro 2011

Autores,Noticias

Os escritores Manuel Rivas e Kirmen Uribe, ambos os dous autores de Xerais, foron convidados a participar, os días 7 e 8 de febreiro,  nos actos de celebración do Día Mundial das Linguas Maternas da UNESCO na sala dos Dereitos Humanos en Xenebra (unha cúpula da autoría de Miquel Barceló) onde impartiran cadanseu recital poético nas súas respectivas linguas maternas, galego e eúscaro, con acompañamento musical. Ademais, ambos os dous escritores participarán en diversos actos, encontros e conferencias. A viaxe inclúe unha visita á tumba e á casa de Borges, así como ao Museo de Rousseau.

Por outra banda, a editorial brasileira Tinta Negra (São Paulo) publica este mes de febreiro Que me queres, amor?, de Manuel Rivas, o primeiro chanzo para a publicación da obra completa de Rivas, responsabilidade que asume esa editora para todo o Brasil.


Foto: Sol Mariño

Chuzame! A Facebook A Twitter

1 comentario

  1. [...] de Rivas, responsabilidade que asume esa editora para todo o Brasil. A nova ven a través de Xerais. Aparece recollida tamén en Galicia Hoxe. Tags: Día Mundial das Linguas Maternas, [...]

    Pingback by Manuel Rivas participa no Día Mundial das Linguas Maternas na UNESCO, e comeza a publicación da súa obra en Brasil | ::Axenda cultural AELG:: — 7 Febreiro 2011 @ 10:39 a.m.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URL

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.