Mañá martes terá lugar en Santiago de Compostela un acto arredor do libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, durante o que se celebrará un debate arredor da música en lingua galega no que participarán a cantante Uxía Senlle, o músico e sociolingüista Carlos Valcárcel (creador do grupo de pop electrónico Projecto Mourente), así como o propio Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.
O evento terá lugar mañá, 9 de novembro, ás 20 h no local da asociación cultural O Galo (San Miguel dos Agros, 2, fronte á igrexa de San Martiño Pinario).
XERAIS
