«Asasinato no Consello Nacional» e o resto das novelas de Ameixeiras, entradas da «Wikipedia»

11 Outubro 2010

Autores,Galipedia,Narrativa,Wikipedia,Xerais_nos_medios

A edición de Asasinato no Consello Nacional, a quinta novela de Diego Ameixeiras continúa achegando boas novas e múltiples sorpresas. Tras agotar a primeira edición en quince días, antes sequera de que a obra fose presentada; tras suscitar enorme interese nos medios de comunicación; tras recibir as primeiras críticas entusiastas, cada unha das cinco novelas de Ameixeiras contan xa con entrada de seu na Galipedia, a Wikipedia: Baixo mínimos, O cidadán do mes, Tres segundos de memoria, Dime algo sucio e Asasinato no Consello Nacional. Especialmente completa é a entrada desta última novela, na que se revelan detalles moi precisos do seu argumento, así como valoracións sobre os personaxes que os editores non entramos a valorar.

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS dos comentarios deste artigo.

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.