«Xenaro e a hucha do indiano» de Mar Guerra

5 Agosto 2010

Autores,Feiras_do_libro,Merlín,Premios_Xerais,Presentacións,Xerais_nos_medios

La Voz de Galicia faise eco da presentación de Xenaro e a hucha do indiano, a segunda novela de Mar Guerra, que no serán de onte se celebrou na Feira do Libro da Coruña. Na súa intervención, Mar Guerra salientou que esta segunda entrega protagonizada por Xenaro Conese Maiúsculo fóra froito da demanda dos lectores e lectoras novos nos numerosos encontros que mantivo con eles na xira de presentacións polos centros escolares de Xenaro e o misterio da mochila verde, obra pola que obtivera en 2008 o Premio Merlín de Literatura Infantil. Rematou a súa intervención subliñando a importancia da lectura («Somos o que lemos») e da implicación de cada autor coa súa obra («Somos o que deixamos escrito»).

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS para comentarios deste artigo.

O formulario do comentario está pechado neste momento.