Coñecemos por A Nosa Terra a tristísima nova do falecemento en Tui de Xosé Luís de Dios, unha das figuras máis relevantes da plástica galega das últimas catro décadas. Xeneroso e entrañable, artista sempre comprometido coa lingua e literatura galegas, Xosé Luís de Dios agasallounos en xuño de 1998 coa ilustración de portada da primeira edición da novela de Manuel Rivas O lapis do carpinteiro, obra da que, máis tarde, no ano 2005 preparou unha extraordinaria edición ilustrada publicada pola editorial na colección Xerais XXV. As condolencias de Xerais para a súa familia e amizades.
XERAIS
[...] This post was mentioned on Twitter by Manuel Bragado and Iago Martínez, Javier Mallo. Javier Mallo said: RT @bretemas: Faleceu o pintor Xosé Luís de Dios, http://bit.ly/akZ0YB [...]
Pingback by Tweets that mention Faleceu Xosé Luís de Dios | Xerais -- Topsy.com — 2 Agosto 2010 @ 4:42 p.m.
[...] que hoxe tamén despidamos a Xosé Luis de Dios, esoutro xenial rescatador de luces, cidadántudense coma Ánxel, amigo de todos nós e tan [...]
Pingback by Brétemas » A «Luz de Tebra» de Ánxel Vázquez de la Cruz — 7 Setembro 2010 @ 8:01 a.m.