
Manuel Rivas anuncia hoxe nunha entrevista que Alberto Ramos publica nas páxinas de Xornal de Galicia a publicación o vindeiro outono de Todo é silencio, unha novela que xirará arredor do mundo do contrabando de Brétema, unha vila inventada. «Acontece nun lugar imaxinario con referencias reais da costa atlántica. Nárrase o ascenso dun capo do contrabando, pero o realmente esencial na obra son as personaxes. O contrabando é simplemente o pano de fondo», adiantou Manuel Rivas nesta entrevista con Xornal de Galicia. Dende esa vontade de poñer en primeiro plano as personaxes, Manuel Rivas realiza un percorrido temporal polo transcorrer desta vila imaxinaria. «O libro está ambientado nas últimas décadas do século XX, trata da vida da xente deste lugar e das distintas xeracións. Pódese dicir que trata das almas da vila», explica o autor de Que me queres, amor? «Temos ese pano de fondo do contrabando, pero o que principalmente prima son as personaxes, as relacións entre as persoas e en todos os sentidos. Para min, o máis importante das novelas son as personaxes, eles son a novela», explica o autor. Con todo, Rivas que se atopa estes días rematando o texto. «Non quero falar demasiado, aínda estou traballando niso e penso que das novelas hai que falar cando son unha realidade», sinaloulle para rematar a Alberto Ramos.
Todo é silencio será publicada no vindeiro outono dentro de Xerais Narrativa. A portada da novela (220 páxinas) foi preparada por Miguelanxo Prado. Adiantamos o que serán os paratextos de contracuberta:
Todo é silencio narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Brétema, o universo que domina ao seu antollo. En Brétema, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. Todo é silencio narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar á crebas, á procura de restos de naufraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de Galicia. Ese mar que fala cos signos que deita na beira. Dende moi pronto, o destino da xente nova estará determinado pola sombra odiosa e engaiolante a un tempo do omnipresente Mariscal. Unha novela, Todo é silencio, que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o extraño feitizo da condición humana.
Actualización (28-07-2010):
- Entrevista a Manuel Rivas en Faro de Vigo e La opinión da Coruña: «Me atrae esa Galicia que pudo caer en manos de los mafiosos».
XERAIS
Todo é silencio narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Brétema, o universo que domina ao seu antollo. En Brétema, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. Todo é silencio narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar á crebas, á procura de restos de naufraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de Galicia. Ese mar que fala cos signos que deita na beira. Dende moi pronto, o destino da xente nova estará determinado pola sombra odiosa e engaiolante a un tempo do omnipresente Mariscal. Unha novela, Todo é silencio, que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o extraño feitizo da condición humana.
[...] Via Manuel Rivas anuncia a publicación da novela «Todo é silencio» no vindeiro outono | Xerais: [...]
Pingback by Manuel Rivas’s New Novel «Todo é silencio» will be out next autumn | Xerais | Books on Spain — 27 Xullo 2010 @ 9:14 p.m.
[...] Recentemente Manuel Rivas anunciou a publicación dunha nova novela que levará por título Todo é silencio. Trátase dunha novela que xirará arredor do mundo do contrabando de Brétema, unha vila inventada. «Acontece nun lugar imaxinario con referencias reais da costa atlántica. Nárrase o ascenso dun capo do contrabando, pero o realmente esencial na obra son as personaxes. O contrabando é simplemente o pano de fondo». Todo é silencio relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o extraño feitizo da condición humana. (Máis información en Xerais). [...]
Pingback by Letras e bits en Galicia e no mundo » Non ‘Todo é silencio’ na Feira do libro da Coruña — 5 Agosto 2010 @ 5:52 p.m.
[...] Entrevista a Manuel Rivas en Xornal: “Manuel Rivas ofrecerá en outono unha nova novela da man da Editorial Xerais. Nesta ocasión, o escritor e académico introducirase no mundo do contrabando. Para iso, ideará unha vila inventada como escenario da súa nova creación, titulada Todo é silencio. “Acontece nun lugar imaxinario con referencias reais da costa atlántica. Nárrase o ascenso dun capo do contrabando, pero o realmente esencial na obra son as personaxes. O contrabando é simplemente o pano de fondo”, adianta o académico Manuel Rivas. Dende esa vontade de poñer en primeiro plano as personaxes, realiza un percorrido temporal polo transcorrer desta vila imaxinaria. “O libro está ambientado nas últimas décadas do século XX, trata da vida da xente deste lugar e das distintas xeracións. Pódese dicir que trata das almas da vila”, explica o autor de Que me queres, amor?. A nova tamén é sinalada en Faro de Vigo, La Opinión e Xerais. [...]
Pingback by ::Axenda cultural AELG:: » Blog Archive » Xornal: “Manuel Rivas mergúllase no contrabando coa nova novela que publicará en outono” — 9 Setembro 2010 @ 1:28 p.m.
[...] de Vigo e La Opinión da Coruña adiantan hoxe o segundo capítulo de Todo é silencio, a novela de Manuel Rivas que aparecerá nas librarías galegas o vindeiro 14 de outubro. Estou convencido [...]
Pingback by Brétemas » «Todo é silencio» de Manuel Rivas, o segundo capítulo — 19 Setembro 2010 @ 10:21 a.m.
[...] de Vigo e La Opinión da Coruña adiantan hoxe o segundo capítulo de Todo é silencio, a novela de Manuel Rivas que aparecerá nas librarías galegas o vindeiro 14 de outubro. Estou convencido [...]
Pingback by «Todo é silencio» de Manuel Rivas, adianto do segundo capítulo | Xerais — 19 Setembro 2010 @ 10:24 a.m.