A Asemblea da Asociación Galega de Editores elixíu nova directiva baixo a presidencia de Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia, e a vicepresidencia de Belén López, directora de Baía edicións. A elección da nova presidencia e do resto dos integrantes da súa directiva contou co apoio dos editores, obtendo o voto unánime dos reunidos en asemblea. Alfonso García Sanmartín (Rodeira), Fran Alonso (Xerais), Ana Guerra (Obradoiro) e Pilar Sampil (Galaxia) conformaron o núcleo duro de traballo da directiva da AGE desde o ano 2006. Rematado o mandato e sen opción a reelección por imposición estatutaria, os editores cesantes ovacionaron aos novos directivos desexándolles moita sorte no seu cometido.
Bragado presentou a súa candidatura como froito do esforzo por aglutinar diversas sensibilidades dentro da entidade gremial, felicitando a García Sanmartín e ao seu equipo polo intenso e importante traballo realizado ao longo de catro anos. O director de Xerais expuso os tres eixos fundamentais da súa proposta de traballo: a continuidade nos proxectos e tarefas, a firmeza na defensa dos intereses gremiais, e o consenso e a cooperación corporativa e gremial. Tendo en conta os tres piares, a directiva traballará co compromiso de acadar o recoñecemento definitivo da edición galega en todos os ámbitos, reivindicando a débeda histórica co libro e o seu papel de sector estratéxico no eido cultural e tamén no da innovación e transformación produtiva. Bragado comprometie a manter unha relación fluída e constante cos asociados, co fin de darlle resposta ás inquietudes e os retos que se lle prantexan as empresas editorias.
A nova Xunta Directiva da Asociación Galega de Editores está formada por Manuel Bragado, de Edicións Xerais, Presidente; Belén López, de Baía, Vicepresidenta; Laura Rodríguez, de Hércules de Ediciones, Secretaria; Xelasio Suárez, de Ir Indo, Tesoureiro; Paco Villegas, de Cumio, Vocal; Xosé Aldea, de Ouvirmos, Vocal; Xulio Amigo, de Galaxia, Vocal; e Consuelo Carreira, de Sotelo Blanco, Vocal.
Noticia tomada da web da AGE. Tamén aparece en Xornal de Galicia.