Feira do Libro de Vigo, actos de Xerais na primeira fin de semana

1 Xullo 2010

Asinatura,Autores,Feiras_do_libro,Fóra de Xogo,Infantil,Merlín,Narrativa,Noticias,Presentacións,Xuvenil

Mañá, venres, 2 de xullo, inaugúrase a Feira do Libro de Vigo, que se celebrará na praza de Compostela, co pregón que pronunciará ás 20:00 horas o escritor Cid Cabido, autor d’ Unha historia que non vou contar, Premio ao mellor libro de Narrativa do ano 2009 da Asociación de Escrtiores en Lingua Galega. A continuación, ás 20:30 horas, realizarase a presentación do libro A viaxe do Ser de Manuel Pérez de Lis, na que o autor estará acompañado pola editora Helena Pérez.

A causa da coincidencia no espazo da Alameda da Feira do Libro coa proxección en pantalla xigante dos partidos nos que participa a selección española, os organizadores da Feira víronse na lamentable obriga de modificar o programa de actos previstos do serán do sábado, 3 de xullo. No que afecta aos relativos a Xerais quedan do seguinte xeito:

Ás 19:00 horas, Agustín Fernández Paz asinará exemplares dos seus libros Valados e Lúa do Senegal, Premio ao mellor libro infantil e xuvenil 2010 da Asociación de Escritores en Lingua Galega e do resto da súa obra.

A dirección de Xerais pide desculpas aos lectores e lectoras polos prexuízos que poida ocasionar esta modificación sobre o programa anunciado e lamenta a decisión das autoridades municipais de ubicar na Praza de Compostela un actividade lúdica que impide o normal funcionamento dunha convocatoria anual que se vén realizando nese mesmo espazo dende hai máis de tres décadas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

2 Comentarios

  1. [...] This post was mentioned on Twitter by Xerais. Xerais said: Comeza a Feira do Libro de Vigo, http://xerais.blogaliza.org/2010/07/01/feira-do-libro-de-vigo-actos-de-xerais-na-primeira-fin-de-semana/ [...]

    Pingback by Tweets that mention Feira do Libro de Vigo, actos de Xerais na primeira fin de semana | Xerais -- Topsy.com — 1 Xullo 2010 @ 10:03 a.m.

  2. [...] da Feira do Libro de Vigo. Mágoa que na segunda xornada xa teñamos que amosar o noso disgusto: vímonos obrigados a cancelar a presentación de Sete palabras de Suso de Toro, prevista para hoxe sábado ás 20:30 horas, pola súa coincidencia coa proxección do partido de [...]

    Pingback by Brétemas » A pantalla xigante magoa a Feira do Libro de Vigo — 4 Setembro 2010 @ 10:48 a.m.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URL

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.

Olark Livehelp