Amin Maalouf, Príncipe de Asturias das Letras 2010

9 Xuño 2010

Autores,Crónica,Narrativa,Premios

O escritor libanes afincado en Francia Amin Maalouf obtivo hoxe o Premio Príncipe de Asturias das Letras 2010. Autor dunha estensa obra narrativa, dramática e ensaística, traducida a numerosas linguas, publicou as súas dúas obras máis recentes en galego no catálogo de Xerais, a novela A viaxe de Baldassare (2000) e o ensaio A deleiba do mundo (2009), ambas as dúas traducidas por María Dolores Torres París, a novela en colaboración co escritor Xavier Queipo.

Amin Maalouf recibiu o Premio Grupo Compostela-Xunta de Galicia do ano 2009 co que se valora as persoas ou institucións significativas polo seu labor a prol da unidade europea ou a preservación do patrimonio cultural do continente.

Os nosos parabéns para Amin Maalouf que ten a deferencia a Xerais de recoñecela como súa editora en lingua galega.

Chuzame! A Facebook A Twitter

2 Comentarios

  1. [...] This post was mentioned on Twitter by Xerais, marcos calveiro. marcos calveiro said: …ou tamén a Deleiba ou Baldassere en galego http://xerais.blogaliza.org/2010/06/09/amin-maalouf-principe-de-asturias-das-letras-2010/ [...]

    Pingback by Tweets that mention Amin Maalouf, Príncipe de Asturias das Letras 2010 | Xerais -- Topsy.com — 9 Xuño 2010 @ 12:46 p.m.

  2. [...] a profundísima crise do capitalismo da mundialización. O feito de que hoxe obtivese o Premio Príncipe de Asturias das Letras 2010 constitúe, pois,unha fachenda que non podemos agochar. O pasado ano, Amin Maalouf xa recibiu o [...]

    Pingback by Brétemas » Amin Maalouf, Premio Príncipe de Asturias das Letras 2010 — 3 Setembro 2010 @ 8:44 p.m.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URL

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.

Olark Livehelp