O Auditorio David Russell do Conservatorio Profesional de Vigo encheuse para acoller a presentación de Settecento, a segunda novela de Marcos Calveiro en Xerais Narrativa. Tras unha fermosa glosa da obra de Manuel Candelas Colodrón e as palabras do autor, os membros da Orquestra «CMUS Profesional de Vigo», dirixidos por Edita Shulman, intepretaron o concerto «Alla Rustica» de Vivaldi. Con motivo deste acto Amaia Mauleón entrevista a Marcos Calveiro para Faro de Vigo.
O vindeiro sábado, primeiro de maio, Marcos Calveiro pronunciará ás 13:00 horas o pregón da Feira do Libro de Compostela. Na mesma xornada, a partir das 20:00 horas presentará na carpa da feira Settecento, nun acto no que conversará con Martin Pawley.
XERAIS
[...] maior parte das presentacións nas que participamos (algunhas como as dos libros de Teresa Moure, Marcos Calveiro ou Manolo Portas congregaron a máis dun centenar de persoas), diversificouse un chisco a oferta [...]
Pingback by Brétemas » Fáltanos megafonía — 2 Setembro 2010 @ 9:32 a.m.