«A intervención», nova novela de Teresa Moure, primeiro capítulo

27 Abril 2010

Adiantos_para_ler,Descargas,Narrativa,Presentacións

Tras a aclamadísima Herba moura, pola que obtivera o Premio Xerais de novela 2005, Benquerida catástrofe e Unha primavera para Aldara, volve aos andeis das librarías Teresa Moure con A intervención, unha novela na que aborda as relacións entre as artes e a natureza, cuestión que xa esculcara no seu ensaio máis recente O natural é político. Empregando unha coidadísima técnica de múltiple perspectiva, nesta súa cuarta novela Teresa Moure reúne a cinco persoas para formar un comando artístico que ten como obxectivo argallar unha performance nas montañas do Courel que sensibilice á cidadanía sobre as relacións entre a arte e natureza. Mentres levan a cabo o seu escrupuloso plano, a chegada inesperada dunha nova personaxe, unha psiquiatra vienesa, obrígaos a rexistrar por escrito as súas actividades clandestinas. Desde a múltipla perspectiva que emana dos seus diarios, os membros do grupo van dando as súas respectivas versións, que conforman unha historia colectiva, e que conectan a paixón creativa co pasado remoto de cadaquén, coa súa infancia e cos seus medos máis agochados.

A intervención será presentada o vindeiro 4 de maio, martes, ás 20:00 horas na Feira do Libro de Santiago. No acto acompañarán á autora a académica e catedrática Margarita Ledo e o editor Manuel Bragado.

O primeiro capítulo desta magnífica novela pode baixarse en en pdf aquí. Feliz lectura!

Chuzame! A Facebook A Twitter

3 Comentarios

  1. [...] máis desempaquetalo, ao ler o título (A intervención, poden ler nesa mesma ligazón o primeiro capítulo), o primeiro que me veu á cabeza doi outro [...]

    Pingback by ferradura en tránsito » primeiras noticias da intervención — 22 Agosto 2010 @ 12:28 p.m.

  2. [...] aquí a primeira tanda de sunliñados da nova novela de Teresa Moure Comentarios [...]

    Pingback by ferradura en tránsito » subliñados da Intervención — 23 Agosto 2010 @ 1:35 p.m.

  3. [...] moita xente na maior parte das presentacións nas que participamos (algunhas como as dos libros de Teresa Moure, Marcos Calveiro ou Manolo Portas congregaron a máis dun centenar de persoas), diversificouse un [...]

    Pingback by Brétemas » Fáltanos megafonía — 28 Agosto 2010 @ 2:07 p.m.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URL

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.

Olark Livehelp