O mércores 21 de abril, ás 20:30 horas terá lugar na Feira do Libro de Ferrol (Cantón de Molins) a presentación de Xuvia-Neda, o libro de relatos do que é autor Vicente Araguas. No acto intervirán Xermán Castro, Nicolás Vidal, Manuel Bragado, o cantante Roger de Flor e o propio autor. Con anterioridade, ás 19:30, Vicente Araguas pronunciará o pregón da primeira das feiras do libro organizados esta primavera e verán pola Federación de Libreiros de Galicia.
XERAIS
Parabéns a Vicente polo libro, soubo xuntar unha prosa viva e requintada cunhas historias ben curiosas e fermosas acerca dun mundo físico e sentimental que xas ficou fotografado, non se perderá.
Comment by Luís — 21 Abril 2010 @ 12:38 a.m.