Segundo informa a revista CLIJ no seu primeiro número de 2010, un total de 19 especialistas seleccionaron os «10 títulos imprescindibles da LIJ española do século XX». Entre eles elixiron dous títulos publicados por Xerais na colección Merlín: Contos por palabras de Agustín Fernández Paz e Cando petan na porta pola noite de Xabier DoCampo. Traducimos a reseña de cada un deles realizada por Victoria Fernández.
CONTOS POR PALABRAS
Oito relatos breves, ben diferentes entre si, mais cun nexo común: todos eles están inspirados nos «anuncios por palabras» que aparecen diariamente na prensa. Oito historias sorprendentes, con protagonistas insólitos –o superheroe Spiderman, un vampiro seen emprego, un unicornio solitario, un home lobo– e desenlaces enxeñosos, que lle valeu ao seu autor o premio Lazarillo de 1990.
CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE
Catro contos de «medo», como os que o autor escoitaba de neno, de boca do seu pai (un gran contador de contos) compoñen este libro que entronca directamente coa grande tradición oral galega. Verosímiles e aterradores, e contados pola potente voz narradora dun dos mellores autores galegos, son catro magníficos contos, deses que fascinan e crean adicción.
Esta escolla encádrase dentro do programa do Congreso Iberoamericano de Lingua e Literatura Infantil que se realizará en Santiago de Chile do 24 ao 28 deste mes de febreirobaixo o título «Cara un canon literario da LIX Iberoamericana. Unha proposta de consenso».
XERAIS
CONTOS POR PALABRAS
CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE