Agustín Fernández Paz será homenaxeado no Salón do Libro de Pontevedra

11 Febreiro 2010

Autores,Entrevistas,Exposicións,Homenaxes,Infantil,Noticias,Xerais_nos_medios

O vindeiro 13 de marzo, o Salón do Libro de Pontevedra renderá homenaxe a Agustín Fernández Paz. Durante todo o Salón está instalada unha exposición que percorre a traxectoria autoral de Agustín durante dúas décadas e recrea o ambiente dalgunha das súa sobras máis significativas. No acto de homenaxe intervirán o escritor Xabier P.DoCampo e os músicos Mini e Mero.

A raíz desta homenaxe, Jaureguízar entrevista a Fernández Paz nas páxinas de El Progreso e adianta a próxima publicación por Xerais da súa vindeira novela, Fantasmas de luz. Segundo Agustín a novela estará protagonizada por un acomodador cincuentón dun gran cine que pecha, quedando no paro. O autor explica que cando hai situacións complicadas, o protagonista «recorre a frases de películas que o impresionaron; reacciona sempre con ollos dunha persoa que está metida no cine, onde leva traballando dende os anos 60». El personaxe ve pasar a vida por unha pantalla, como tantas veces fixo Fernández Paz.

Chuzame! A Facebook A Twitter

2 Comentarios

  1. aultre narai

    un dos meus favoritos, cantos libros del lin na miña “adorada” adolescia. alégromem por el

    Comment by aultre narai — 11 Febreiro 2010 @ 7:09 p.m.

  2. [...] noso recoñecemento o vindeiro 13 de marzo, sábado, no Salón do Libro Infantil de Pontevedra, que homenaxea nesta edición a Agustín Fernández Paz nas palabras de Xabier DoCampo. Beizóns para estes dous grandes amigos de [...]

    Pingback by Brétemas » Agustín e Xabier no canon — 10 Agosto 2010 @ 5:52 p.m.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URL

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.

Olark Livehelp