Xosé Carlos Caneiro: «”O Brindo de ouro II” é unha novela arriscada e poderosa»

1 Febreiro 2010

Críticas,Fóra de Xogo,Xerais_nos_medios,Xuvenil

Unha novela que continua no mundo fantástico e ben trazado do autor: Xesús Manuel Marcos e á A táboa da hospitalidade, segunda entrega d’ O Brindo de ouro, relato co que autor gañara un premio Merlín. O autor amosa o seu diferenciado mundo marabilloso, na liña de Tolkien, ambicioso e pleno de movemento narrativo. Hai moitos anos que non encontro unha entrega en literatura xuvenil tan arriscada e poderosa. Un libro como este, traducido a calquera lingua, sería sen dúbida éxito libresco: aventura, intriga, acción sen cese… e unha prosa que acompaña substantivamente a narración. Hai demasiados nomes, certo. ¿Pero en que gran novela non os hai? Este libro é dos que teñen que ler os mozos para alimentar a súa imaxinación, desnutrida entre tantas historias de amores rotos e frustracións adolescentes. Xosé Carlos Caneiro

Fragmento do artigo publicado por Xosé Carlos Caneiro no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, sábado, 30 de xaneiro de 2010

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS dos comentarios deste artigo.

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.